Pesquisar neste blog

07 janeiro, 2011

Fotos programa Especial Fin de Ano en Rádio FilispiM [30-12-2010]


Tal e como comentamos e prometimos en anterior entrada, estas son as fotos que tiramos no programa especial Fin de Ano no estudio de Rádio FilispiM.

O pasado día 30 de decembro de 2010, xuntámonos moitas das personas que fan posíbel a continuidade da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, nunha Festa radifónica fin de ano 2010.

Atopámonos no renovado estudio da Rádio FilispiM [Caranza], e compartimos uns deliciosos petiscos da época [turrón, empanada de porro, bombóns, pastel de xamón e queixo, gusanitos...] e uns copos de cava e de sidra. Con eles brindamos unhas chea de vezes!!!

Aproveitamos para fazer avaliación deste ano radiofónico tan emociontante para nós: novo local, novo estudio de radio, novas compañeiras, novos programas e muitas boas vibracións. Así que pédimoslle ao novo ano máis boa onda, moito traballo, paz, solidariedade...

No estudio atopámonos: Lucía e Javier Malespina, Cholo, Paula, Soledad, Pablo, Miguel, José Torregrosa, Luis, Pedro Ferrández, Fátima e máís André [Pequeno Monstro]. Sen esquecernos das demáis compañeiras que non puideron acudir a cita: Iago, Suso, Marta, Roli, María, Nes, Lupe...

Aplaudimos, cantamos, rimos e até debatimos... pasámolo ben.

Este é o audio do programa:


Descargar o audio

Estas son as fotos:

05 janeiro, 2011

-SIN FRONTERAS-1T 11P.


Hoy dimos información sobre la violencia a mujeres en Afganistán, la inmigración en Francia.
Hablamos de la primer presidenta de Brasil, Dilma Rousseff, la actualidad de este gigante Latinoamericano y comentamos la crispante Ley ANTI-TABACO con todos sus datos.
Susana Alaníz en la locución, Pablo Melaski en Sonido - Locución y la habitual colaboración de Mauro Lahore.

Música :

Tabaré Cardozo y Canario Luna- " Lo que el tiempo me ha enseñado ". Mano Negra- " Mala Vida ".


Descargar o audio

O Recuncho nº 36


Neste programa destacamos os seguintes contidos:

- Rocío, do Foro Galego da Inmigración estivo reunida coa directiva de Fuco Buxán. Estivonos falando dos aumentos de casos de xenofobia e racismo, aparecidas a partires do estoupido da crise.

- Entrevistaremos a Mari Morado, presidenta do Grupo Diversidade Funcional de Ferrol, a cal preguntarémoslle dos principias obstáculos que se atopa este colectivo de persoas na nosa cidade.

- Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”: “Poetas presos, presos de agora”.

- No estudo de Radio Filispim : Eliseo Fernández Fernández. Historiador e membro do Ateneo Libertario. Con Eliseo falaremos de Anarquismo e movemento obreiro.

Na sección poética levada por Lorena Calaza: O poeta Andrés Neuman.


Descargar o audio

80 Vinilos/h - Programa 12

Duodécima edición de 80 Vinilos/h, programa adicado as músicas estatais dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol].

Neste programa escoitamos as músicas de:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti, Hispavox 1986].
- AGRIMESOR K - Principio y fin [1º Single - Principio y Fin - DRO 1982]
- LA DAMA SE ESCONDE - Un regalo [Mini Lp - Avestruces - DRO-GASA 1985]
- LA DAMA SE ESCONDE - Un error de apreciación [Lp. Armarios y Camas - DRO-GASA 1986]
- LA DAMA SE ESCONDE - Cuatro direcciones [Lp. La Tierra de los Sueños - WARNER 1988]
- LA DAMA SE ESCONDE - Nunca he entendido a las sirenas [Lp. La Tierra de los Sueños - WARNER 1988]
- DÉCIMA VÍCTIMA - Noviembre [Ep. Tan Lejos - GASA 1982]
- DÉCIMA VÍCTIMA - Tan lejos [Ep. Tan Lejos - GASA 1982]
- DÉCIMA VÍCTIMA - El signo de la Cruz [Ep. Tan Lejos - GASA 1982]
- DÉCIMA VÍCTIMA - Escombros de un triunfo [1er Lp. homónimo - GASA 1982]
- DÉCIMA VÍCTIMA - Entre el acantalido [1er Lp. homónimo - GASA 1982]
- DÉCIMA VÍCTIMA - Detrás de la mirada [1er Lp. homónimo - GASA 1982]
Para pedir cancións, especiais ou aportar información escribe a: oitentavinilos[arroba]gmail.com

Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Produzóns Imaxinarias Divertimento,PID]

Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]