Ontes día 30 de decembro de 2010, xuntámonos moitas das personas que fan posíbel a continuidade da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, nunha Festa radifónica fin de ano 2010.
Atopámonos no renovado estudio da Rádio FilispiM, e compartimos uns deliciosos petiscos da época [turrón, empanada de porro, gusanitos...] e uns copos de cava e de sidra. Con eles brindamos unhas chea de vezes!!!
Aproveitamos para fazer avaliación deste ano radiofónico tan emociontante para nós: novo local, novo estudio de radio, novas compañeiras, novos programas e muitas boas vibracións. Así que pédimoslle ao novo ano máis boa onda, moito traballo, paz, solidariedade...
No estudio atopámonos: Lucía e Javier Malespina, Cholo, Paula, Soledad, Pablo, Miguel, José Torregrosa, Luis, Pedro Ferrández, Fátima e máís André [Pequeno Monstro]. Sen esquecernos das demáis compañeiras que non puideron acudir a cita: Iago, Suso, Marta, Roli...
Aplaudimos, cantamos, rimos e até debatimos... En defintiva, pasámolo ben.
A gravacióndo Programa Especial Fin de Ano Filispiniano, poderase escoitar en diferido en Rádio FilispiM, 93.9 FM:
- Sábado 1 de xaneiro de 2011, a partir da 1:00 h. da madrugada.
- Domingo día 2, a partir das 18:00 h.
- Luns día 3, a partir das 15:00 h.
Ficades co audio. En breve colgaremos as fotos da programa Fin de Ano.
Estuvimos acompañados por Pablo Velázquez (estudiante de Biología, Universidad de Santiago de Compostela), Juan Manuel Santomé (estudiante de Arquitectura, Universidad de A Coruña), Mauro Lahore(estudiante de Bachillerato, Ferrol), Carla Díaz(estudiante Ciclo Superior Diseño y Marketing-Ferrol) y Facundo Santomé(estudiante de Biología, Universidad de Santiago de Compostela).Hablamos sobre educación en España, Plan Bolonia, Secundaria, Ciclos Superiores, el hoy de la enseñanza.
Música :
Los Twist- " El estudiante". SKA-P- " El vals obrero". Ja t´ho diré- " així i tot ".