Pesquisar neste blog

24 dezembro, 2010

80 Vinilos/h - 9no programa

Novena edición de 80 Vinilos/h, o programa adicado a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM [Ferrol].

Neste programa escoitamos as músicas de:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti, Hispavox 1986].
- MERMELADA CON LENTEJAS - Dame la botella [Single, cara A, Chapa Discos 1978].
- MERMELADA CON LENTEJAS - Marta [Single, cara B, Chapa Discos 1978].
- LOS ELEGANTES - Perder o ganar [Ep. promo Perder o Ganar, 1989]
- LOS ELEGANTES - Cerca de ti [Lp. Ponte ya a Bailar, Zafiro 1984]
- LOS ELEGANTES - Un día más [Lp. Ponte ya a Bailar, Zafiro 1984]
- TOS - Máquinas [Mini Lp. Máquinas, Dos Rombos 1982]
- TOS - Déjame [Versión demo - maqueta, 1982]
- TRASTOS - El poli te ve [Single, cara A, CBS 1980]
- TRASTOS - Rockers del 83 [Single, cara B, CBS 1980]
- NACHA POP - Chica de ayer [Lp. homónimo, Hispavox 1980]
- NACHA POP - Juego sucio [Lp. Buena Disposición, Hispavox 1982]
- Extracto programa de TVE "POPGRAMA" - Edición febreiro 1980 - Especial concerto homenaxe a Canito [batería de TOS]. Presentan: Carlos Tena e Diego A. Manrique.

Corrección de erros: no audio refírome a Diego Manrique como Diego "Antonio" Manrique. Isto é un erro, o seu segundo nome é Alfredo ;-)
Para pedir cancións, especiais ou aportar información non deixes de escreber a: oitentavinilos[arroba]gmail.com  / Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Produzóns Imaxinarias Divertimento,PID]


Descargar o audio

23 dezembro, 2010

Atenta!! nº 11 [21-12-2010


Contidos:

  • Folga de consumo convocada para o 21-12-2010.
  • Consellos para un nadal máis verde: Entrevista que lle fixeron en Radiofusión a Mª Xosé Castro, vogal de consumo responsable de Adega
Música:
  • Sacha na Horta
  • O cometido – Chouteria. Unha panxoliña moi particular onde se conta a historia de tres inmigrantes coñecidos como os reis magos



Descargar o audio

22 dezembro, 2010

- Sin Fronteras 1T 9P -

Un programa donde los niños nos han dado toda un tromba de aire fresco en estas fechas tan nostálgicas.Estuvieron con nosotros :

Mateo ( 10 años ), Tatiana ( 9 años ), Paula ( 5 años ) y Federico ( 5 años ).
Hablamos de muchas cosas con la perspectiva de unos locos bajitos que nos hicieron reir de una manera increible. Recibimos el mensaje de Marta Echarte Baraibar ( Consul de la República Oriental del Uruguay ) que nos contó algunos detalles de Uruguay y nos dejó un mensaje para estas navidades y fin de año.



Descargar o audio

Divertimento - As nenas do Colexio de Lago [Valdoviño] cantan e falan co Apalpador.

Última hora!!!

O Apalpador apareceuse este mércores entre as 18:30 e 19:30 h. no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM, donde seis nenas entre tres e cinco anos do Centro escolar Rural Agrupado "Esquío" [Lago-Valdoviño], Candela, Jazzmin, Antía, Sara, Sheila e Alba, tiveron ocasión de conversar con ele. Ademáis, as nenas aproveitaron para nos cantar panxoliñas e máis o romance de Gaiferos de Mormaltán, moi ben aprendidas pola súa titora de infantil, Sabela.
O Apalpador [tamén coñecido como Pandigueiro na comarca Terra de Trives] é, nas zonas do leste de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña aos nenos para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha chea de castañas e, se cadra [que sempre cadra], algún agasallo ademáis de desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.
O Apalpador éche unha figura popular nas montañas do leste de Galicia [o Courel, Terra de Trives, o Bierzo], mais últimamente anda a ser visto pola nosa comarca e por todo o noso País, para ledicia de pequen@s e máis grandes monstros.
Dende Divertimento vimos de pedirlle ao Apalpador que ademáis da presa de castañas de quenda, nos traiga a tod@s @s compas e ouvintes da Rádio FilispiM o mellor para o vindeiro 2011!!
Divertimento para pequenos monstros ben sendo un programa que emite Rádio FilispiM que tambén podes ouvir como podcast.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]