Un programa donde los niños nos han dado toda un tromba de aire fresco en estas fechas tan nostálgicas.Estuvieron con nosotros :
Mateo ( 10 años ), Tatiana ( 9 años ), Paula ( 5 años ) y Federico ( 5 años ).
Hablamos de muchas cosas con la perspectiva de unos locos bajitos que nos hicieron reir de una manera increible. Recibimos el mensaje de Marta Echarte Baraibar ( Consul de la República Oriental del Uruguay ) que nos contó algunos detalles de Uruguay y nos dejó un mensaje para estas navidades y fin de año.
O Apalpador apareceuse este mércores entre as 18:30 e 19:30 h. no programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM, donde seis nenas entre tres e cinco anosdo Centro escolar Rural Agrupado "Esquío" [Lago-Valdoviño], Candela, Jazzmin, Antía, Sara, Sheila e Alba, tiveron ocasión de conversar con ele. Ademáis, as nenas aproveitaron para nos cantar panxoliñas e máis o romance de Gaiferos de Mormaltán, moi ben aprendidas pola súa titora de infantil, Sabela.
O Apalpador [tamén coñecido como Pandigueiro na comarca Terra de Trives] é, nas zonas do leste de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña aos nenos para ver se comeron ben durante o ano, deixándolles unha chea de castañas e, se cadra [que sempre cadra], algún agasallo ademáis de desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.
O Apalpador éche unha figura popular nas montañas do leste de Galicia [o Courel, Terra de Trives, o Bierzo], mais últimamente anda a ser visto pola nosa comarca e por todo o noso País, para ledicia de pequen@s e máis grandes monstros.
Dende Divertimento vimos de pedirlle ao Apalpador que ademáis da presa de castañas de quenda, nos traiga a tod@s @s compas e ouvintes da Rádio FilispiM o mellor para o vindeiro 2011!!