
Pesquisar neste blog
27 outubro, 2010
Crónica do VI Encontro da Red de Medios Comunitarios [ReMC] en Alacante.
Foto oficial [ou oficiosa] da Asemblea coa que a pasada fin de semana se clausurou en Alacante o VI Encontro de Medios Comunitarios [ReMC].As compas de Cuac FM, achégannos a seguinte crónica:
Rematou o VI Encontro de Medios Comunitarios. É de agradecer a ilusión e o traballo que levaron a cabo os compañeiros de Artegalia [coorganizadora do Encontro, xunto coa Rede de Medios Comunitarios], moi atentos cos asistentes [...]
O mellor do encontro, como debe ser, foi o trato humano cos demais asistentes. Este relator tivo a oportunidade de charlar con coñecer participantes de proxectos rurais [Raio Valdivielso, Radio Pikaza], históricos [Radio Carcoma], de barrio [Radio Almenara]...
La delegación de Cuac FM tivo a oportunidade de aprender sobre diversidade sexual nunha maxistral charla impartida polo ourensano Ángel Amaro, onde charlamos con el sobre a presenza e o tratamento nos medios do movemento LGTBI [Lesbianas, Homosexuais, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais]; Mar Igrexas falounos do uso que o diario comercial on line Vilaweb fai das novas tecnoloxías; e Javier García realizou unha interesante charla sobre dereitos de autor, para logo axudar ao noso compañeiro Mariano Fernández a desenvolver a súa mesa de traballo sobre a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual. Unha das charlas máis esperadas foi a de Manuel Tapial, activista que documentou o asalto do Exército de Israel á Flotilla da Liberdade [Palestina].
A clausura do encontro foi unha Asemblea da ReMC, boa parte da cal consistiu nunha chuvia de ideas procedente de todos os asistentes que, como o resto do encontro, podían pertencer a proxectos asociados ou non á ReMC. Tras esta, Radio Malva realizou unha serie de entrevistas a diversos asistentes [participantes de Radio Valdivielso, Radio Ritmo, Radio Lora, Onda Color, Radiópolis, Artegalia e Cuac FM] que podedes escoitar aquí:
ADEMÁIS, tamén colgaron algunhas das CHARLAS, como estas:
Comunicación comunitaria. Facendo radio:
Periodismo e activismo. A experiencia da flotilla da liberdade [Palestina]:
O balance, como se dixo, foi positivo. Falta procesar todo o que aprendemos neste encontro, que non é pouco. Como ben di o noso compañeiro Mariano, a unión fai a forza. Grazas [entre outras cousas] a encontros como este, os medios de comunicación comunitarios se fan máis fortes para permitir á cidadanía exercer o seu dereito a comunicar por calquera medio de difusión e expresión.
25 outubro, 2010
O Souto [ADEGA] 18-10-2010
Volve as ondas da LIBRES e COMUNITARIAS da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, o programa de ecoloxía e medio ambiente do colectivo ADEGA.
O SOUTO pode ouvirse na vosa radio nos seguintes días e horas:
DIRECTO: segundas feiras [luns] de 20:00 á 21:00 h -> Chama ao Nês por telefone ao 675.431.341 [Tlfne. estudio Rádio FilispiM]
DIFERIDO: quintas feiras [xoves] de 12:00 á 01:00 h. da madrugá e ademáis de 10:00 a 11:00 h. da mañá. Os sábados tamén, de 16:00 á 17:00 h.
Tamén podes ouvilo ou descargalo neste Podcast e mesmo en www.osoutodeadega.blogspot.com
Descargar o audio
Descargar o audio
23 outubro, 2010
Leña Dura D.F.
Novo programa en FilispiM, nesta ocasión, tres amigos que
se xuntan para pinchar estilos na liña do metal. A tralla, un tanto esquecida na radio, ábrese camiño agora nas ondas libres; nun programa que poderedes escoitar en directo os mércores de 21:00 a 22:00
Descargar o audio
se xuntan para pinchar estilos na liña do metal. A tralla, un tanto esquecida na radio, ábrese camiño agora nas ondas libres; nun programa que poderedes escoitar en directo os mércores de 21:00 a 22:00
Descargar o audio
Assinar:
Postagens (Atom)

