Pesquisar neste blog

06 outubro, 2010

VI encontro da ReMC [Rede Estatal Medios Comunitarios]

Artegalia asociación e a Rede Estatal de Medios Comunitarios [ReMC], organizan o VI Encontro anual de medios comunitarios, que este ano terá lugar en Alacante, durante os dias 22, 23 e 24 de outubro do 2010.

O Encontro está aberto á asistencia de membros de entidades que forman parte da ReMC, así como doutras entidades vinculadas e medios comunitarios do estado español, ou persoas independentes interesadas nestes temas de comunicación e medios do terceiro sector.

A previsión de prazas de asistencia é dun total de 120, e as inscricións formalizaranse por orde e data de solicitude, desde o 26 de setembro ao 12 de outubro.

A participación no Encontro é gratuíta, e todas as prazas estan bolseiras, incluíndo aloxamento, manutención, os materiais, e as actividades organizadas do venres, sábado e domingo. Establécese unha cota de inscrición de 15 euros por participante [e aplicarase un desconto de 3 euros por cada persoa pertencente a unha entidade membro da ReMC].

O prazo máximo para formalizar as inscricións e pago das cotas é até o próximo 12 de outubro. Todas as inscricións posteriores deberán pagar 20 euros por persoa, independentemente do tipo de entidade ou vinculación coa ReMC.

Rádio FilispiM é un dos medios comunitarios e libres do Estado español, integrados na ReMC [Rede Estatal Medios Comunitarios] -> Acta ingreso Rádio FilispiM na ReMC. [Barcelona, 8 de novembro de 2009].

INSCRIPCION ON-LINE

Máis info: encontros2010@artegalia.com / ReMC
Escoita a cunha:

Descarga o audio

29 setembro, 2010

Programa Especial Rádio FilispiM - Folga Xeral 29 Setembro [2010]


Rádio FilispiM realizou um programa especial de 2 horas e media cubrindo a Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, o programa foi realizado na manhá do 29, de 11:30 a 14:00hs.

Podes escoitar diferentes intervençons de pessoas que assistirom aos piquetes, às diferentes manifestaçons e actos convocados na comarca assim como chamadas telefónicas e parte dos discursos finais das manis.

Descargar o audio

26 setembro, 2010

Rádio FilispiM, realizará un programa especial Folga Xeral, 29S.


Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará este mércores 29 de setembro un programa especial Folga Xeral, 29S, a partir das 11:30 da mañá. O programa incluirá intervencións dende a rúa ou centros de traballo, ao través do noso telefone de directo 675.431.341, ao que ti mesmo poderás chamar para contarnos que [te] está a pasar.
Participa!!!

Escoita e redifunde a cunha que elaboramos:

24 setembro, 2010

Rádio FilispiM, abre o prazo presentación de propostas radiofónicas para o curso 2010/2011.

Nota de prensa COLECTIVO OPAíí!- Rádio FilispiM, 93.9 FM

Un ano máis, Rádio FilispiM oferece o seu estudio de radio aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para realizaren un programa de radio.
Aqueles interesad@s deberán enviar as propostas radiofónicas [a máior brevidade e o máis detallada posíbel] ao enderezo: filispina@gmail.com

No apartado “Quen Somos?” deste blogue do Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, , atoparás toda a información relativa a nós, unha radio libre e comunitaria [terceiro sector da comunicación] que vén de cumprir un lustro de emisións e pola que teñen pasado dúcias de persoas e colectivos radioapaixoados da nosa comarca.

O pistoletazo de saída da nova configuración da grella 2010/2011 de Rádio FilispiM, que contará cunha chea de novidades e surpresas, será o vindeiro o luns 4 de outubro.

Por outra banda, informamos que Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará un programa especial seguimento da Folga Xeral en Ferrol e comarca o vindeiro mércores 29 de setembro.

Ferrol, 24 de setembro de 2010.
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]