Nova de edición de O Souto, o programa apresentado por Nês en nome da Asociación para a defensa ecoloxica de Galiza [ADEGA]. Nesta ocasión de novo visita o programa Xabier Prieto, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural [delegación Ferrol].
Nesta edición aparecéronse as músicas de: Tino Casal, Academia Parabuten, Paralisis Permanente, Gabinete Caligari, Décima Víctima e Ecodalia.
No capítulo de "incidencias sonoras" ouvimos o minimalismo da terceira xeración de Andrew Poppy e no de "cicloxénese local" a La Nev Diva [Colectivo La Nevera].
Con este capítulo fechamos a serie Oitenta Vinilos, dentro deDivertimento, coa promesa que volver sumar novos capítulos nun futuro. Así que agardamos as vosas suxestións ao respeito en: radiomonstro[arroba]gmail.com ou comentando esta entrada.
Como sabedes iniciamos hai unhas semanas unha nova aventura, rescatando do pasado "radiotresero" a voz e reflexións de Agustión García Calvo, na serie Pensamento 3, así que procura no dial de Rádio Filispim, ou segue a seríe neste blog.
Máis novas en breve, aquí, onde paran os monstros. Fotos: Décima Víctima.
Durante a pasada fin de semana celebrouse na localidad de Torremolinos, en Málaga, a Asamblea de la Rede estatal de Medios Comunitarios, [ReMC], da que é membra Rádio Filispim. Nela, aprobaronse importantes medidas logo da súa constitución hai agora un ano.
Baixo a organización da emisora comunitaria de Málaga, Onda Color, trataronse cuestións como as nuevas solicitudes de adhesión a la Rede, o orzamento para o ano 2010, o estabelecemento de protocolos de organización interna e o repaso e planificación dos Grupos de Traballo da Rede estatal de Medios Comunitarios [ReMC]
Todos os detalles desta Asamblea con Alejandro Blanco, de Onda Color, ao través do informativo Más Voces [difundido por moitas radios libres e comunitarias do estado, dentre delas Rádio Filispim]: