Pesquisar neste blog

03 fevereiro, 2010

Os medios comunitarios batallan ante a nova Lei Audiovisual.

No Estado español está en trámite no Senado a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Para a Rede de Medios Comunitarios (ReMC, na que está integrada Rádio Filispim), esa Lei responde máis a intereses das grandes empresas de Comunicación no canto de desenvolver normativamente o exercicio do dereito á comunicación audiovisual, observando todos os factores necesarios, como a garantía e promoción do servizo público, a calidade no emprego e os dereitos laborais, e a pluralidade informativa, así como o acceso e a participación social aos medios audiovisuais.

A ReMC afirma que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual segue o mesmo camiño que as ultimas medidas en materia audiovisual realizadas polo Goberno, como a retirada do financiamento por publicidade de RTVE, a fusión das televisións privadas ou a TDT de pago.

Os medios comunitarios afirman que se trata de leis que se desenvolveron con présas, sen debate, de costas á cidadanía e sen contar cos axentes sociais, só dando resposta aos intereses da Unión de Televisións Comerciais Asociadas, UTECA.

Pero ademáis, critican a falta de vontade do Goberno español de regularizar e fomentar o desenvolvemento dos medios comunitarios, que son medios de propiedade cidadá e sen ánimo de lucro, xa que aínda que a lei recoñece a existencia deste tipo de medios, logo de facto non pon as ferramentas necesarias e ademais establece tantas limitacións que se impedirá a existencia e o desenvolvemento de moitos proxectos de comunicación comunitaria.

Unha das preocupacións dos medios comunitarios, e sobre todo das radios, é o anuncio de creación dunha Axencia de Radiocomunicaciones que baixo a presión exercida pola Asociación Española de Radio Comercial anúnciase como un organismo dedicado a identificar as emisoras sen licenzas para proceder ao seu peche.

A nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual xa foi aprobada en Consello de Ministros, de aí pasou ao Congreso e actualmente atópase en trámite polo Senado. Neste percorrido estanse realizando algunhas correccións e emendas. A Rede de Medios Comunitarios [ReMC] leva moito tempo traballando para intentar achegar e incidir na redacción final da Lei.

Pola inconformide de como se está a plantexar a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, os medios comunitarios xunto a outros actores sociais, anuncian unha protesta a través dunha concentración o vindeiro martes, 9 de febreiro de 2010 ás 12 do mediodía ante o Senado, en Madrid.






Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

28 janeiro, 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Punk hoxe Vs Punk onte - Radio Fene_Abril2003


En abril do 2003 a equipa de Divertimento para pequenos monstros, emitimos en Radio Fene unha batalla punk, protagonizada entre os grupos oitenteros e os daquela.

As hostes de ámbalas dúas xeracións déronse cita neste peculiar Divertimento para disfrute de tod@s os pequen@s monstros. Así un tras outro, comezando pola década dos oitenta, intercalados cos grupos dos 2000, desataron o kaos nas ondas hertzianas:
  • Larsen
  • Aborigen X
  • TDK
  • Kuero
  • Eskorbuto
  • Kuraia
  • Dekadencia
  • Wowees
  • Los Trastos
  • Pumping folk band
  • Familia Real
  • Fiasko
Podesdes lembrar aquila batalla no enlace que segue. Para a vindeira semana, máis madera do aquivo sonoro do Pequeno Monstro, aquí, onde paran os monstros.

Descargar o arquivo

27 janeiro, 2010

Komunikando #13

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqIGH2LRr3_pw8oinfAHxtjKpgG57UvZQRl2d250s3tcDT7VMUlBbrihoLRYz0QRp6Js_tgYo4bzCKqSKZPgDL3swip-58dKy2EZDFaPOyNFR3lHWaj6ReYXE7Y3ACNo_NByEy/s1600/komunikando.jpg

Os temas que soarom o 26 de JAneiro de 2010 forom:
  • A Matraca Perversa - A nossa história
  • Pito de PIkasso – O Cativo
  • Skacha – Bastardos
  • Capitán Furilo – Sus labios son para min
  • Malandrómeda - Festa malandrómica
  • SkandaloGZ - Likor Café
E falamos de...
O program especial de (re)Aberto por reformas, do último de Pito de Pikasso e o Netlabel O Toxo Rabudo, as datas de presentaçom do último de Skacha e Capitán Furilo, da II Carabana da rede GNSV, do Concurso de Maquetas Millo Verde 2010 e do concurso de Videoclips do Festival de Cans.

Descargar o arquivo

19 janeiro, 2010

Divertimento - Serie: arquivo sonoro/históricos: Entrevista a Eliseo Fernández - Radio Fene_Feb2003

No programa de hoxe recuperamos unha entrevista co historiador ferrolán Eliseo Fernández quen nos apresenta o libro: José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo [Edicións do Castro, 2002].

A gravación do programa foi realizada nos estudios de Radio Fene [A Coruña] no mes de febreiro de 2003.

Ademáis, Eliseo, fálanos da importancia do movimento libertario ao longo da historia, así como da súa presenza na cidade de Ferrol, Galiza e Estado.

No transcurso da entrevista escoitamos unha colleita de cancións libertarias que nos deixou a historia contemporánea, que de seguro estremecerán a máis de un. Agardamos que así sexa.

Para a vindeira semana máis monstrosidades, aquí, onde paran os monstros.

Máis información en Divertimento para pequenos monstros.

Descargar o arquivo


Foto superior: Eliseo Fernández.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]