En abril do 2003 a equipa de Divertimento para pequenos monstros, emitimos en Radio Fene unha batalla punk, protagonizada entre os grupos oitenteros e os daquela.
As hostes de ámbalas dúas xeracións déronse cita neste peculiar Divertimento para disfrute de tod@s os pequen@s monstros. Así un tras outro, comezando pola década dos oitenta, intercalados cos grupos dos 2000, desataron o kaos nas ondas hertzianas:
Larsen
Aborigen X
TDK
Kuero
Eskorbuto
Kuraia
Dekadencia
Wowees
Los Trastos
Pumping folk band
Familia Real
Fiasko
Podesdes lembrar aquila batalla no enlace que segue. Para a vindeira semana, máis madera do aquivo sonoro do Pequeno Monstro, aquí, onde paran os monstros.
Os temas que soarom o 26 de JAneiro de 2010 forom:
A Matraca Perversa - A nossa história
Pito de PIkasso – O Cativo
Skacha – Bastardos
Capitán Furilo – Sus labios son para min
Malandrómeda - Festa malandrómica
SkandaloGZ - Likor Café
E falamos de... O program especial de (re)Aberto por reformas, do último de Pito de Pikasso e o Netlabel O Toxo Rabudo, as datas de presentaçom do último de Skacha e Capitán Furilo, da II Carabana da rede GNSV, do Concurso de Maquetas Millo Verde 2010 e do concurso de Videoclips do Festival de Cans.
No programa de hoxe recuperamos unha entrevista co historiador ferrolán Eliseo Fernández quen nos apresenta o libro:José López Bouza, do anarquismo ao republicanismo [Edicións do Castro, 2002].
A gravación do programa foi realizada nos estudios de Radio Fene [A Coruña] no mes de febreiro de 2003.
Ademáis, Eliseo, fálanos da importancia do movimento libertario ao longo da historia, así como da súa presenza na cidade de Ferrol, Galiza e Estado.
No transcurso da entrevista escoitamos unha colleita de cancións libertarias que nos deixou a historia contemporánea, que de seguro estremecerán a máis de un. Agardamos que así sexa.
Para a vindeira semana máis monstrosidades, aquí, onde paran os monstros.