Duranteo programa Protagonistas de Punto Radio, o xornalista Luís do Olmo falaba da existencia de 3 milleiros de radios piratas no Estado español, acusándoas de prácticas ilegais e de impedir o funcionamento das radios que el mesmo cualificou de "leais".
O programa abriu o teléfono á participación da xente e aí colouse Francisco Aragón, do movemento de radios comunitarias en Madrid e da ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios]. para lembrar ás grandes cadeas de radios e ao propio Luís do Olmo, que son esas grandes radios son as primeiras que cometen ilegalidades, denunciando deste xeito a súa gran hipocrisía e as mentiras coas que enganan ás súas audiencias.
Neste Komunikando do 12 de Janeiro de 2010, soaron:
Skacha – The Guns of Bouzas
Esquios – Onde andarás
Ruxe-Ruxe – Carmela baila Ska
Motor Perkins – Rosa dos ventos
E falamos do novo trabalho de Skacha, Eskios e Ruxe-Ruxe, e das Xornadas pola língua de Ourense que organiza a Asociaçom Cultural Galiza em Punk, também anunciamos o próximo Concurso musical en Komunikando.net
Un Divertimento Antitaurino.Así apresentáronse os Pequen@s Monstros, un 23 de marzo de 2001, na emisora local Radio Fene.
Nesta edición, tirada do arquivo sonoro, entrevistamos a Xosé Manuel Carreira do colectivo Crazy Cabeças do concello de Vedra, por mór do VI Festival Vedra Rock, nesta ocasion festival "antitaurino".
Ademáis, aproveitando a presenza dos Habeas Corpus naquela edición do ano 2001 do Vedra Rock, recuperamos unha entrevista a Miguel, vocalista do grupo madrileño, realizada o 26/01/2001 no descorrer doutro dos míticos festivais do noso país, o Treme a Terra de Pontedeume (A Coruña).
A vindeira semán seguiremos tirando do arquivo sonoro. Polo momento, podes ouvir todas e cada unha das edicións de Divertimento, en:
No área de Ferrol ao través de Rádio Filispim 93.9 FM: - Os xoves (quintas feiras) de 8 a 9 da noite. - Domingos de 10 a 11 da noite. - Martes (terzas feiras) de 2 a 3 da tarde.
Na comarca de Bergantiños, en Corme en Radio Roncudo 106.1 FM: - Terzas feiras de 1 a 2 da tarde.