Os temas que soarom hoje [22 de Dezembro de 2009] fôrom:
Shit Pony – Violencia
Ataque Escampe – Europa e o Ballet
NAO – A xustiza pola man
Guezos – Amodo
Xenreira - Selección Ská
Machina – Dean paso a coraxe
E falamos do... Certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán, do novo Videoclip de Ataque Escampe, de NAO e o seu novo trabalho, do aniversario de Guezos, do concerto pola oficialidade das Selecçons Galegas e dos concertos desta semana.
Este impresionante documento vinícola foi gravado para Radio Fene no ano 2004. As músicas que soaron foron tiradas dun recompilatorio do momento, do selo estatal rockanroleiro Animal Records.
Con isto e unha chea de bon humor, querémosvos desexar a todas e todos un feliz ano 1980!!!! (por Decreto da Xunta)
No Natal do ano 2000, os monstros doDivertimentorealizamos un programa en Radio Fene, no que confesamos telefónicamente ao ferrolán José Feal, quen xunto a Victor Aneiros, andaban a argalla a primeira edizón do Ferrol Music. Un certame cuxa continuidade non callou, mais que forma parte da historia da iniciativa popular (no bon sentido da palabra) que de sempre houbo nos bairros desta cidade.
Aquela primeira edizón do Ferrol Music, desenvolveuse durante varios días do mes de decembro do 2000 no Cantón de Ferrol, e contou coa participación creativa dos seguintes grupos e solistas da comarca, algúns deles desaparecidos, outros incombustíbeis: Paloma Suanzes, Cachimonia, Victor Aneiros Blue Note Band, Durango Express, Julie Guravich Cuarteto, Jarry Navison Band, Los Trastones, Los Pacos, Entre Paréntesis, Riff-Raff, Consumatum Est, ou mesmo Wisdom.
Queremos con este programa fazer unha homenaxe a toda esa xente de Ferrol e comarca que adica ou adicou unha parte do seu tempo, de maneira desinteresada, a pór en marcha iniciativas dinamizadoras que apostan (e apostaron) polo de aquí, no caso concreto de Ferrol Music, pola sobresaínte canteira músical ferrolterráquea.
Como guinda final do programa, escoitamos unha entrevista que Ana Santiago (Lucecú), lle realizou a Julián Hernández, logo do concerto que naquel Natal do 2000 fixeron os Siniestro Total, no Pabillon de A Malata en Ferrol.
Na entrevista a Julián ponse de manifesto que o Pabillón de A Malata en Ferrol, non é o espazo máis axeitado para poder ouvir e disfrutar, un concerto de música "moderna", mais dez anos despois segue a ser a única opción que oferece o noso concello para estes eventos, semella que menos prioritarios que a "música culta". Esta cuestión non deixa de ser un anacronismo máis, tendo en conta o que estamos a falar: a intensa relación dos viciñ@s da nosa comarca con todas as músicas.
No programa, ademáis ouviredes algún "textículo" do Pequeno Monstro, interpretados pola Ana Lucecú e o propio Monstro: Movimento Lento, Confesión e Outono verbalizado. Agardo que tra-la súa escoita vos suba a temperatura, que falta fai con esta friaxe!!!
A vindeira semán seguiremos recuperando gravazóns do arquivo histórico de Divertimento. Mais, non marcho sen vos desexar a todas e todos unhas monstrosas e divertidas Festas!!!!