Post conspirar: acción filispina de reflexión logo de activar disidencia en peridodo sospeitosamente santo.
Ista podería ser unha definición do que vimos de fazer na última edición do Divertimento para pequenos monstros na Rádio FilispiM. Nela, amplificamos as reflexións dalgúns dos colectivos participantes na II Feira de Colectivos dentro da VI edición do CONSPIRANDO, ouvimos música e collimos un trauma.
Pequenos monstros, tod@s xunt@s, por Finispinilandia: Viva o mal!!! viva o Capital!!!
Na última edición de Divertimento para pequenos monstros, contamos coa presenza de Pablo do grupo punk Retobato e con Roger de Flor, ambos participantes na inminente VI edición do CONSPIRANDO que está a ponto de explosionar. Ademáis conversamos con Iago e Miguel de O Recuncho, que nos contan detalles da organización deste festival do que ademáis, o propio Colectivo Opaíí!, nos achegan novas de última hora.
Ficades co audio do Divertimento, nun formato especial de hora e media: