Pesquisar neste blog

09 fevereiro, 2009

Cunha - Manif Galiza Non Se Vende

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjCGIPHDVgMoHV0Veaar1bVaXlH1XVi8SmyRMhnkl9FlTrY-cX7bzmrjT3Mx8uvafCfYJ1dbB4_EGVfQ4OoaKeKc-o7WIXLyWMWwQfBpPA9j8-bC5IHc777NpQ6nCThrstY4fFq/s400/manirgnv.jpg

MANIFESTACION EN COMPOSTELA

Domingo 15 de Febreiro ás 12 horas

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa, xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande Manifestación Nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.

Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s!

Descargar o arquivo

Audios Informativos

Entrevista con Ignacio da Silva, da Sociedade Galega de Historia Natural (Ferrol)

Descargar 1ª Parte

Descargar 2ª Parte


Entrevista con Iria Taibo, da Fundación Vía Galego.

Descargar arquivo

009 O Recuncho

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLqSS-0wgRuOyfmBFXtH3qwtqjtFedL0U86MWpBEeXyFLsyRG7d4cXuLf01RgTSjfTNrFSfIyjfjVOaLC7QXCKjDLfnhlqwXBm-73Cj7AcsBGrCeRmjnQXG7zeihc3zLuXFxL_/s1600/orecuncho.jpg
Neste novo programa, do 7 de Febreiro destacan os seguintes contidos.
  • Prestaremos gran atención á homenaxe que se lle brinda o mesmo 7 de Febreiro a Carmelo Teixeiro, un dos fundadores do Comité Cidadán de Emerxencia e de Fuco Buxán, falecido hai un ano.
  • Seguiremos falando de Palestina, así coma das movilización que houbo en Madrid en apoio o goberno cubano, en resposta o acto apoiado por Esperanza Aguirre en contra da revolución cubana.
  • En directo, no plató, Gerardo, director técnico e psicólogo de Asfedro, a asociación de axuda aos drogodependentes, o cal nos falará da situación actual de Ferrolterra e falaranos de cal é o traballo da asociación.
  • Escoitaremos ao compañeiro da corriente marxista internacional El militante, Miguel Campos. Estivo falando para Radio Filispim da súa estancia en Venezuela e dando datos de cómo se atopa o país, en pleno proceso revolucionario.
  • Tamén, por suposto, falaremos con veciños afectados polos cortes de luz de Fenosa, despois do temporal que pasou pola comarca.
Descargar o arquivo

016 Spanglish

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi8SGilzkwANl_9eaGCFbO7LP9If7FuRamVTfeYZp67KgRQufDczsq8Qffzi8lWEcalBxASO2c1z5m45_8k3kIS4xoBDYwlEFKcDDhVpa44FdZZMPwgUTSgMDtvTCb0iDY-WZCn/s1600/spanglish.jpg
Set list do Spanglish do 6 de Xaneiro de 2009
  • The Brontës – Mary & Jim – I believe light is by your side
  • Klaus & Kinski - Tu hoguera esta ardiendo – Ronnie O'Sullivan
  • Cut Copy – In Ghost Colours – Hearts on Fire
  • Elastica - I want you
  • Elastica - How he wrote Elastica man
  • TM ROCKETS
  • Alpine those myriads - Yr royal jetlag gospel – Adolescent prayer #9
  • The Briefs - Sylvia
  • Indómitos – Bicho raro
  • Projecto Mourente – Eu só
  • Mark Ronson featuring Kasabian – L.S.F.
Descargar o arquivo

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]