Neste novo programa, do 7 de Febreiro destacan os seguintes contidos.
Prestaremos gran atención á homenaxe que se lle brinda o mesmo 7 de Febreiro a Carmelo Teixeiro, un dos fundadores do Comité Cidadán de Emerxencia e de Fuco Buxán, falecido hai un ano.
Seguiremos falando de Palestina, así coma das movilización que houbo en Madrid en apoio o goberno cubano, en resposta o acto apoiado por Esperanza Aguirre en contra da revolución cubana.
En directo, no plató, Gerardo, director técnico e psicólogo de Asfedro, a asociación de axuda aos drogodependentes, o cal nos falará da situación actual de Ferrolterra e falaranos de cal é o traballo da asociación.
Escoitaremos ao compañeiro da corriente marxista internacional El militante, Miguel Campos. Estivo falando para Radio Filispim da súa estancia en Venezuela e dando datos de cómo se atopa o país, en pleno proceso revolucionario.
Tamén, por suposto, falaremos con veciños afectados polos cortes de luz de Fenosa, despois do temporal que pasou pola comarca.
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vén realizando desde os primeiros anos da década dos setenta, os Censos de Aves Acuáticas invernantes, Censos de Aves petroleadas así como o anillamiento científico de aves; tamén participou directamente na elaboración do "Atlas de Vertebrados de Galicia", que hoxe en día é unha obra de consulta obrigada para calquera estudioso da natureza.
Dende o pasado xoves 5 de febreiro de 2009, a SGHN organiza unhas Xornadas do Medio Mariño, que se están a desenvolver precisamente no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Este é o seu programa, en todo caso a partir das 18:30 h:
* Xoves 5 de febreiro. Conferencia "Fósiles de cetáceos modernos en Galiza".
* Venres 6 de febreiro. Conferencia "Anatomía de fisioloxía dos cetáceos".
* Venres 13 de febreiro. Conferencia "Tartarugas mariñas: situación actual, proxectos de recuperación e voluntariado".
* Mércores 25 de febreiro. Conferencia "Recuperación de lobos Mariños e tartarugas na UCI da SGHN de Ferrol".
* Venres 27 de febreiro. Conferencia "Ferrol, unha ría a recuperar".
Deste tema e máis das actividades da Fundación Vía Galego, da que vos temos falado nos últimas programas, vai a última edición do Divertimento para pequenos monstros.
Pola banda da SGHN tivemos no estudio de Rádio FilispiM a Ignacio Díaz da Silva e pola parte da Fundación Vía Galego, vía teléfono, a Iria Taibo.
A CNT tenlle ganado un pleito a SGAE. Tod@s estamos de parabéns. O programa de Rádio FilispiM, 93.9 FM, Divertimento para pequenos monstros, entrevista a Eliseo Fernandez, un dos integrantes do Espazo Libertario de Ferrol (Galiza). Divertimento para pequenos monstros - 29-01-2009 Descargar o arquivo
Entrevista teléfonica con veciña de Valdoviño (A Coruña) afectada polo Ciclón Klaus e por Unión Penosa. Divertimento para pequenos monstros - 29-01-2009 Descargar o arquivo