Pesquisar neste blog

30 março, 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - A Paixón de Cristo.

Con esta entrada iniciamos a serie Pensamento 3, unha produzón de Rádio 3 [RNE] do ano 1989, que hoxe recupera Divertimento para pequenos monstros para Radio Filispim, 93.9 FM [Ferrol–Terra de Trasancos].

Pensamento 3 foi un espazo que se emitia os venres dentro do programa Caravana de Hormigas, donde se lle plantexaba un tema ao profesor Agustín García Calvo, para que sobre del reflexionara e conversara cos ouvintes en antena.

Agustín García Calvo, daquela, andaba a impulsar o proxecto Escola Lingüística, Lóxica e Artes da Linguaxe. A idea era conciliar esas tres disciplinas hoxe tan separadas polos plans de estudios [filoloxía, matemáticas e teatro], sen pretensión de producir títulos universitarios, senón coñecemento. Nen que decir ten que aquilo fracasou “como fracasa todo o que pode ferir. O éxito só chega a aquilo que non fai dano a ninguén, aquilo que segue a corrente”.

Agustín García Calvo, realizou estudios de Filoloxía Clásica na Universidade de Salamanca. Doctorouse aos 22 anos, até que a dictadura franquista o separou da cátedra en 1965 xunto a Tierno Galbán, López-Aranguren e Montero Díaz, por prestar apoio as protestas estudiantís. Daquela, decide marchar ao exilio a París. En 1976 foille restablecida a súa cátedra, na que permaneu até a súa xubilación en 1992.

Na actualidade Agustín García Calvo segue a publicar os seus libros na súa propia editorial [Lucina] que asina co seu nome entre signos de interrogación, leva anos loitando contra o engano dun poder empeñado en impór ideias sobre a realidade para matar “o que hai vivo na razón e no corazón”.

Xubilado da universidade, cada mércores segue a encher o Ateneo de Madrid, nunha tertulia política que dura xa 12 anos [na que non se da clase nen predica] e a que acuden moitos xóvenes.

Lembro con moita ledicia aqueles programas que eu mesmo gravaba en cintas de casete para poder escoitar de vagar máis tarde e que tanto me aprendeu que era aquilo do “movimento libertario”.

Hoxe, as gravacións destes espazos radiofónicos, son un tesouro que algúns ouvintes do momento dixitalizaron e subiron a rede para compartir e lembrar aquelas reflexións [sobre cuestións aínda hoxe tan vixentes] que emitiu hai 27 anos aquila memorábel Radio 3.

Agardamos dende Divertimento para pequenos monstros que disfrutedes delas, como eu mesmo disfrutei daquela e volvo disfrutar.

O tema que abre esta serie é A Paixón de Cristo, non podía ser outro.

No vindeiro Divertimento máis Pensamento 3, aquí onde paran os monstros.

Fontes: País, Wikipedia
, Pequeno monstro.

Descargar o arquivo



29 março, 2010

Rádio Kalimera na Rádio Filispim

Non, non se trata dunha OPA hostil das irmás compostelás, mais dende as últimas semanas @s ouvintes da Rádio FilispiM poden escoitar no seu dial [93.9 da FM], tres intrépidos programas da emisora irmá Rádio Kalimera de Compostela. Tomade nota pois paga a pena:
  • Comochoconto: luns e venres de 6 a 7 da tarde.
  • Mulheres e Vice-versa: martes de 3 a 4 da tarde e xoves de 7 a 8 da tarde.
  • Contrainformativas: domingos de 10 a 11 da mañá, luns de 11 a 12 do mediodía, mércores de 7 a 8 da tarde e xoves de 9 a 10 da noite.
Podesdes ouvir algunha das súas edicións neste enlace: audiolivre, mais non deixedes de procuralos no dial filispiniano!

25 março, 2010

Radios libres e comunitarias no Estado español: 30 anos de historias, según o Ente.

Estes días os medios estatais públicos veñen de fazerse eco dos 30 anos de existenza das radios libres e comunitarias no Estado español.

Nesta reportaxe tirada dos Telediarios de TVE falan dunha parte da súa história, do "recoñecemento" outorgado pola nova Lei Audiovisual
, así como das novas reinvidicacións dos seus protagonistas.



Por outra banda, o programa Carne Cruda de Radio 3 (RNE), adicou o pasado 18 de xaneiro de 2010, un especial donde Radio Pica (Barcelona), Radio Vallekas e Radio Ritmo (Getafe-Madrid), falan do contido social das emisoras libres e comunitarias e das súas inquedanzas trinta anos despois da súa agachada existenza ao marxe do "mercado" e "mercaderes" da comunicación.

Podes escoitar ese programa especial neste reprodutor:

Descargar o arquivo



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails