Pesquisar neste blog

08 abril, 2026

 

PROGRAMA  Nº  145    (1-4-26) 


Dende a  Xanela das Fucas  reproducimos  distintas  mesas redondas e actos   que se realizaron  en Ferrol no mes de  Marzo.

En este caso e   coordinada por  Sonia Mauriz  Pereira (Licenciada en Humanidades, articulista, activista e   secretaria do Ateneo)   o dia 6 de Marzo do 2026   no Ateneo Ferrolan  , titulada “ Xornada Feminista cara o 8 de M “.

Se abordan  os seguintes aspectos :

ü Do dia internacional da muller traballadora ao 8M: Entre a reivindicación  e a celebración   por María  Pado Fernández (Pedagoga , articulista e  activista).

ü Corpos  en suscripción: Only Fans dende a critica radical  por Mirian  Couceiro Castro ( Escritora, sociologa e feminista).

ü As mulleres  na Ilustración Arqueolóxica: Un conto mal contado, por   Cristina Seoane  Novo   ( Doutora en Historia , con especialidade  en Arqueoloxía  e  Activista) .

 

 

Informativo 08/04/2026

 


06 abril, 2026

Nova APPweb da FilispiM

 


A aplicación web de Radio FilispiM, a emisora ​​de radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol na 102.3 FM, presenta unha nova aplicación web que podes instalar no teu teléfono e escoitarnos esteas onde esteas.


👉🏻 Esta aplicación permíteche escoitar a emisión EN DIRECTO, ver a programación do día e ler as últimas novas do blog.

🔗https://ideia.gal/rfm

📱 Instalación como PWA (Aplicación Web Progresiva) no teu teléfono:

🤖Android Abre a aplicación web en Chrome Preme o menú (tres puntos) → “Acceder á pantalla de inicio” Selecciona “Instalar” para pantalla completa.

🍏iOS (iPhone/iPad) Abre a páxina web en Safari Preme o botón “Compartir” Selecciona “Configurar na pantalla de inicio”

Grazas ao noso compa Cholo por facer está App tan útil para que poidades escoitar a Filispina!!!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]