Pesquisar neste blog

22 novembro, 2025

O programa de FilispiM "Universo Nosso" recebe o primeiro prémio no concurso de Podcast de EMUGA.







O programa produzido na Rádio FilispiM "Universo Nosso" recebeu, no sábado 22 de novembro de 2025, o primeiro prémio ao "Mellor Podcast" na primeira edição  do festival deste género organizado por Emisoras Municipais Galegas (EMUGA). O espaço protagonizado por crianças da comarca de Trasancos, entre 3 e 15 anos, está conduzido pela equipa do Colectivo Brincarmos da A.C. Artábria.

O programa de rádio pode sintonizar-se todos  os domingos entre as 11:00 e 13:00 h. e quartas-feiras entre as 16:00 e as 18:00 h, a través das ondas livres e comunitárias da FilispiM, na Terra de Trasancos, 102.3 FM. Parabéns à comunidade Brincarmos! Opaii!

Também se pode ouvir nestes links:

Universo Nosso - Podcast en iVoox

Internet Archive: Digital Library of Free & Borrowable Texts, Movies, Music & Wayback Machine


Sábados no Cruceiro - Programa 36.

Programa dende o Campus Industrial de Ferrol no que falamos de servizos como UDC Sauable e o banco de Reciclaxe. 


Tamén conversamos coas estudantes Alicia Lorenzo Fenollera, alumna do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable no campus industrial de Ferrol que recibiu o Premio ELLE Education by Mindway nos Greenwalk Adwards e Xiana Ruíz estudante do grao en RRII que compaxina os estudos universitarios co conservatorio superior de Música na modalidade de Arpa


Escoita o programa en ivoox e podgalego


21 novembro, 2025

Reflexions dende Canido Nº 18 (21-11-1959)

 Programa  Nº 18  (21-11-25)

 

   Realizamos o programa Nº 18, con algunhas  ausencias;  unha magoa  por hoxe nos visita unha periodista de RNE  para conocer  de cerca como realizamos o programa.

Falamos de  actividades  nas que participamos  recentementre  como o concerto da universidade  e o anuncio de outras   que  se faran    como a concentración   polo  25- N   contra a violencia de xenero. Tamen ocupa  un tempo especial  a seccion de deportes en relación o Racing, o Baxi, e o Parrulo  e  a dos  Records  Guinness.

Foi  emocionante  que  unha profesional   dun medio   tan importante coma  RNE  pase unha maña con nos   intersandose por  os  nosos  sentementos e os nosos anhelos.  Volve outro dia  ....Grazas   Alex.

Participantes:    Jose  Mª  Criado;  Suso  Mosquera,  Sergio Sánchez; Maribel Suances. Pedro Batista,
Música que escuchamos: Sintonía Don't stop me now, (Queen);   Santa Lucia (Miglel Rios)  Tu voz  ( Vera  Fauna)  ;   Eternal  Flame ( The Bangles); Radio GaGa (Queen);  Handle With Care ( Traveling Wilburys);  Quasi ( Pablo López) ;   En un mundo nuevo ( Karina). 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]