Pesquisar neste blog

02 outubro, 2025

Off Mental 153 (FMM Sines, 2025 - parte1)

Kimmo Pohjonen & Mats Gustafsson, FMM 2025 (foto: Nuno Pinto)

Off Mental, nº 153
  • ANA LÚA CAIANO - Vou ficar neste quadrado - CD Vou ficar neste quadrado (Glitterbeat, 2024)
  • A PEDREIRA - Soltar - CD Basal (2024)
  • ROKIA TRAORÉ - Kanan neni (Wanita, 2000)
  • THE MYSTERY OF THE BULGARIAN VOICES / QUARTO QUARTET / GEORGI ANDREV - Nomina toccata (2025)
  • YOUSSOU NDOUR - Telepathie (2025)
  • ZELTIA IREVIRE - Agardando o mencer (CD Vacaloura, 2023)
  • 47SOUL - Ghost town (2025)
  • WARSI BROTHERS (Traditional Qawwali)
  • KIMMO POHJONEN & MATS GUSTAFSSON - Snow (Live at Tampere Jazz happenig, 2024)
  • BIA FERREIRA - Nao precisa ser Amélia (Live Show livre, 2018)
Presenta e conduce: André C. Pastor —pequenomonstro—.
Sintonía/música indicativos: Héctor Perezagua. Voz indicativos: Ana Fernández —fabaloba—.
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo), Rádio FilispiM, 108.0 FM (Ferrol/Trasancos), Radio Crónica Folk Musical (online), Producións Imaxinarias & PodGalego.
Redifusión comunicar en: offmental@gmail.com
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com
 

01 outubro, 2025

O Faladoiro nº 13 - Memoria Histórica

Iñaki Bergaretxe e Eliseo Fernández, entre a equipa do Faladorio.
 

O Faladoiro Nº 13 (30/9/2025)

Un achegamento á Memoria Historica.-

Convidamos a dous recoñecidos historiadores Eliseo Fernández e Iñaki Bergaretxe, cos que procuramos entender os procesos sociais e politicos que marcaron o presente proporcionando unha ancoraxe que conecta o pasado e futuro.

Bótese en falta unha maior implicación nos plans de estudos da memoria historica coma unha ferramenta fundamental en procesos de xustiza transicional, xa que permite recoñecer e reparar os danos causados por conflitos e réximes ditatoriais.

Reclamase a celebración dun día o ano, na procura non so da lembranza de feitos, senón do seu significado social e subxectivo, creando unha ponte entre o pasado e o presente para forxar a identidade e orientar o futuro.

Cómpre continuar a debater e lembrar momentos de grande significado histórica en Ferrolterra.

Produción e postprodución: Rádio FilispiM.

Participan: Inacio, Vicente, Cesio, Chelo.

Convidados: Eliseo Fernández Fernández, Iñaki Bergaretxe Urdanpilleta.


25 setembro, 2025

A Xanela das Fucas Nº 131 ( 25-9-25)

 Convidamos a  mulleres  que  forma parte da  Marcha Mundial das Mulleres (MMM)   de Ferrol , no seu  25 aniversario .

Nos   recordan como  se  formou  este movemento a nivel internacional.. Movemento feminista iiniciado en 2000, que xurdiu da Marcha das Mulleres de Quebec de 1995 e reuniu a mulleres de todo o mundo para combater a pobreza e a violencia de xénero. Relatan como se iniciuo en Ferrol e   a figura de mulleres clave  coma  Lupe  Ces .

Cada una das asitentes nos conta a sua experiencaia neste movimento ,  o porque da sua  incorporacion o mesmo e  a vixencia dos 25 puntos que revindican  no manifesto creado para esta ocasion  

Convidadas:  Fani  Doce Fernadez;  Xulia Pereiro García;  Esperanza   Vidal  Martinez .

Fucas que participan:   Chelo Carballal Balsa;  Sonia Fernández Bellas,    Eva   Tizón    Bouza.

Audios: Mujeres-en-Marcha-hasta-que-todas-seamos-libres

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  (Nicola Piova) ;  Capire , Cumbia  Palestina . 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails