Pesquisar neste blog

31 maio, 2025

A Xanela das Fucas Nº 126 (29-5-25)

 Programa  nº126 -  (29-5-25)

 

A  Xanela das   Fucas  conovida a  Lorena técnica en cosmética  natural e fitocosmética que impartira   este sábado  un obradoiro: “Plantas de barrio para a pel”.

 Nos fala do que se abordará   no  Obradoiro, como recoñecer e aprender a extarer facilmente os seus ingredientes activos. Nos  convence  do seu lema  que a natureza é sabia e é sabio saber aprobeitala.

Tamen recordamos o acto de presentacion de unha mocion en apoio do Pobo Palestino  que se esta facendo no concello de Ferrol.

Na musica  lembramos a Emilio Cao recentemente fellecido.

Convidada: Lorena Martinez  Estevez

 Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa;   Ana  Belen López Verez, Eva Tizon Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  (Nicola Piova) ;     O corpo aberto (Caamaño&Ameixeiras); Fonte do Araño ( Emilio Cao) Libre Palestina, Palestina Libre (Video Lyrics).

 

 

 

 

.

30 maio, 2025

O Faladoiro nº 8 - Enerxía e sostibilidade

ENERXIA e SOSTIBILIDADE.

Así de amplo foi o tema tratado en noso ultimo Faladoiro. Tratamos de concretalo tocando puntos como o Modelo de Consumo Enerxético na Sociedade en xeral e de Galicia en particular, as distintas fontes de enerxía e singularmente as renovables, deténdonos na eólica terrestre e mariña flotante, o Cambio Climático, a entrada do Hidróxeno na ecuación e a sua relación cos fondos Next Generation, e outros mais, para acabar como non co tema do recente Apagamento.

Como convidados tivemos a Fernando Blanco Silva, enxeñeiro industrial pola Escola Politécnica de Ferrol, economista e graduado en dereito pola Universidade Isabel I, así como doutor en desenvolvemento sostible pola Universidade Católica de Ávila. É director da revista galega de enerxía Dínamo Técnica desde a súa fundación en 1999. Co el estivo Xosé M. Golpe Acuña, Técnico superior en centrais e redes eléctricas e consultor enerxético na Oficina de Transformación Enerxética da Deputación da Coruña e que actualmente é Deputado no Parlamento Galego polo BNG.


29 maio, 2025

Informativo da Rádio Filispim, 28/05/2025


Informativo semanal, 28/05/2025.


- "A voltas co tren", no Diálogo de novas. Por Lupe e Inácio.


- Despexo do CSO Escárnio e Maldizer (Compos) adiado ata novo aviso. Por Edu Comochoconto (Radio Raposeira).


- Israel en boca de Indesexables. Edu Comochoconto (Radio Raposeira).


- Noite de PUNK ROCK con Satenta e Kase7e no CS Artábria. Por Bruno Lopes (Associaçom Cultural Artábria).


- O Concello de Cedeira organiza a palestra "Coidarte tamén é maternar" impartida por Pili Carballeira, psicóloga perinatal e asesora de lactación da asociación BBTTA. Por pequenomostro.


- Presentacion da XXX edición Festival Río Castro de Naraío (San Sadurniño), no bar O Campo (en Cesárea). Por Ana Fabaloba.


- Concentracións por Palestina na Galiza o próximo 2 de xuño. Por Bruno Lopes (Coordenadora galega de solidariedade pola Palestina).


- Na Máquina do tempo filispiniana: novembro de 2013, o programa de Rádio FilispiM "Ponte en Galego", feito por profes e alumnado do IES de Breamo, cubre o conflicto das praceiras co alcalde de Pontedeume, o "popular" Torrente. Por pequenomostro.


Canción de peche: "Ghaivota", por Kase7e.


Locución e edición: Antonio.


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]