Pesquisar neste blog

21 maio, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 22/05/2025

Sumario:

- AVANTE LGBT convídanos é proxeçom do documentario “Infiltrats” no CS Artabria o sábado 24 de maio.

- André pequenomonstro divulga da proxeçom de “Las armas no borrarán tu sonrisa” no Ateneu Ferrolán o día 22 de maio. En “Cascarilla” será ao día seguinte no local da CGT.

Ana Faba Loba convida ao filme “Ante Nós”, un retrato íntimo de Castelao. A proxeçom será nos cinemas Duplex o domingo 25 de maio.

- Silvia Bogo presentanos as actividades dos próximos días no Centro Social Artábria.

- Edu Comochoconto da Radio Raposeira comenta o desaloxo do CSOA “Escarno e maldizer” de Compostela.

- Noticias dialogadas: Lupe e Inácio comentan o proxecto do saneamento da zona rural de Ferrolterra.

- Na "Máquina do tempo filispiniana" viaxamos até abril de 2013. Inácio Caranza falaba da participación cidadá e iniciativas xurdidas do Foro Social de Ferrolterra en setembro de 2011, uns meses despois do 15M. Documenta: André pequenomonstro.

- Findamos con “O mar, o amor, o elo”, unha peza de Luizga e Susana Travassos.

  • Condución/Edición: Jorge Mirancos.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

19 maio, 2025

REFLEXIONS DENE CANIDO nº 13

 REFLEXIONS DENDE CANIDO  Nº 13  (16-5-25)

 

Hoxe despois do programna aniversario de  levar un ano emitido , o mes pasado no se fixo programa, porque  coincideu  con festivo no programa de hoxe daremos conta de distintos acontecementos   dende esa data asi como dos proximos  como por exemplo a celebracion das Letras Galegas.

Participantes:   Sergio Sánchez, Pedro Batista; Carlos Allegue; Suso  Mosquera.
Música que escuchamos: Sintonía Don't stop me now, (Queen); Caroi ( Xosé Lois Romero  e Aligoria); Esa Diva ( Melody); Negra Sombra ( Luz Casal e Carlos Nuñez); Ai ven o Maio ( Luis Emilio Balatllán);  Every breath you take  (The Police).  

 

.

16 maio, 2025

A Xanela das Fucas Nº 125 (15-5-25)

 A Xanela das Fucas  Nº 125 (15-5-25)

A Xanela das Fucas comenza o programa recordando o pasamento de José Mujica. Tamen recordamos o porque da celebración do día das Letras Galegas o próximo 17 de Maio.
Rescatamos audios da Real Academia Galega onde se recollen entrevistas das Pandeireteiras as que se lle dedica este ano as Letras Galegas. Con esta elección querese recoñocer a importancia da poesia popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

Recomendamos a exposición fotográfica de Carolina Martínez que está este mes no Centro Torrente Ballester para disfrutar da sua visión de Xapón.

Audios: Pepe Mujica 7 frases y reflexiones memorables; A Canción das Letras Galegas 2025  de Mens; Se canto é porque quero 1. Rosa e Adolfina. As recollidas onte e hoxe; Se canto é porque quero Capítulo 2. As pandeireteiras de Mens. Da aldea á cidade.
Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa; Eva Tizon Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Libre Palestina, Palestina Libre (Video Lyrics).  Nº 125  (15-5-25)



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]