Pesquisar neste blog

24 fevereiro, 2025

CÓNTAMO TI. DEFENDE A GALEGA.

Os medios de comunicación son un piar indispensable para garantir a saúde democrática das nosas sociedades. Son ferramentas básicas para construir unha opinión pública informada e crítica. E dentro desa función, os medios de comunicación públicos xogan un papel esencial para garantir o dereito fundamental dunha información veraz e libre.
Nesta sesión afrontaremos a situación do ente e a loita que están a levar o persoal da CRTVG dende o ano 2018.
Os #VenresNegro. Denuncian situacións de manipulación, censura e de empregar os medios públicos como altofalantes da propaganda do partido no goberno. Situación agravada pola externalización da producción de programas e contidos.


I Xornadas VIHsibles. AVANTE LGBT+ Ferrolterra


 
Dende Avante LGBT+ Ferrolterra organizaron estas I Xornadas de VIHsibilización  co gallo da conmemoración do día internacional do SIDA, que se celebra o 1 de decembro. Conscientes de que un alto porcentaxe de incidencia do VIH dáse en homes que se relacionan sexualmente con outros homes, sendo en este sentido unha cuestión que afecta directamente ao colectivo do que forman parte. Coa intención de informar, despatoloxizar e derrotar o estigma co que viven os compañeiros, convocaron a diferentes persoas e organizacións que podemos escoitar aquí. 

1ª Parte.

21 fevereiro, 2025

REFLEXIONS DENDE CANIDO Nº 11 ( 21-2-25)

 REFLEXIONS DENDE CANIDO   Nº  11  ( 21-2-25)

 

Nos encontramos moi ilusionados porque  vamos a entrevistar  a unha persoa que   admiramos e queremos porque  fixo que se puñese  color   nas paredes que se estaban  caendo e ahora hai  paredes con vida e sentimentos.

Descubrimos cal foi a orixen dun dos festivales   de arte urbano mais importantes de mundo  y por enriba  de todo  compartimos  un  momento  con nun un ser human que cree  e crea  por amor .

 

 Participantes:  Jose  Mª,  Suso,   Carlos, Belen, Sergio, Pedro

Convidado:  Eduardo  Hermida

Musica que escoitaremos:  Don't stop me now (Queen); Lápiz e tinta ( El ultimo de la fila); Jamming ( Bob Marley); Pájaros de  barro( Manolo García); Inner Smile (Texas)    La guarida del amor   ( Alfeizar).

 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]