Pesquisar neste blog

16 dezembro, 2021

Jardim à beira mar plantado - Últimas Novidades de 2021

 O programa de hoje vai ser preenchido com mais novidades discograficas portuguesas. Com o ano 2021 quase a acabar vamos ouvir alguns temas que foram lançados no último trimestre.

"Jardim à beira mar plantado" é um programa de música portuguesa na Rádio Filispim conduzido por Jorge Mirancos.
                                                             Foto: www.tecnoblog.net

Lista de temas: 
01- "Migratória" por Club Makumba
02- "Bad for business" por Bloom
03- "Valsa triste" por Animais
04- "Amar não custa" por Camané
05- "Fado Chiclete" por Cláudia Pascoal
06- "A velha carruagem" pelo Místico Orfeão Sónico de um Corpo Estranho e Saturnia
07- "Esquinas" por Dino d'Santiago com Slow J
08- "Traz outro amigo também" por José Afonso
09- "Amapola" por Dulce Pontes
10- "Chula da distância" por Manuel Maio
11- "Quando tiveres tempo" por Viviane
12- "Passo forte" por Sal
13- "1986" por Carlão
14- "In a mellotron" por Dead Combo

13 dezembro, 2021

Unha tarde no Muiño 127

—- Cantos e contos no Muíño . Patricia Pérez Varela presenta “ Puntada sen fío”. —- Outro mundo é posible. Rafa Rodríguez conversa con Beatriz Dorrio e Paz Lorenzo do Patronato Concepción Arenal. —-Notas dun reformado, por Rafa Aguirrebengoa. —- A Entrevista. Hoxe con Marcos Galdo. —-Tertulia no Muíño coa participación de Patricia Pérez, Marcos Galdo, Rafa Rodríguez, Roberto Taboada, Rafa Aguirrebengoa... — Outra información é posible. Muíño nas redes.

11 dezembro, 2021

A Xanela das Fucas nº 64

 




 Programa  nº 64   (9-12-2021)

Cumprimos a promesa de  recordar a  escritora   Almudena Grandes Hernandez (Madrid, 1960 )  finada o 27 de   novembro , en Madrid,   de este ano.

  Estuda Xeografía e Historia na Universidade Complutense de Madrid, traballa no sector editorial como redactora e correctora e coordina unha colección de guías turístico-culturais. Colabora habitualmente en prensa, principalmente no País, e participa como tertuliana nalgúns programas da Cadea SER.

 Deuse a coñecer en 1989 coas Idades de  Lulú,  XI Premio O Sorriso Vertical. Desde entón o aplauso dos lectores e da crítica non deixou de acompañala. As súas novelas Chamareiche Venres, Malena é un nome de tango, Atlas de xeografía humana, Os aires difíciles, Castelos de cartón, O corazón xeado e Os bicos no pan, xunto cos volumes de contos Modelos de muller e Estacións de paso, convertérona nun dos nomes máis consolidados e de maior proxección internacional da literatura española contemporánea.

Varias das súas obras foron levadas ao cinema por exemplo  As Idades de Lulu  ao cinema por  Bigas Luna en 1990. A súa seguinte novela, Malena ten nome de tanto (1994), é adaptada ao cinema por Gerardo Ferreiro en 1996.

En 1997 é a primeira muller que recibe o premio  Rossone d’Oro, que antes obtiveran escritores como Alberto  Moravia ou Ernesto Sábato. Vive dacabalo entre Granada e Madrid, participa en encontros literarios, e reivindícase como herdeira da gran novelística do s.  XIX, especialmente do realismo francés e da narrativa de Benito Pérez  Galdós.

Gran parte da súa novelística está ambientada nos anos finais do s.  XX, e mostra a vida cotiá da España de cambio de século. Tamén lle interesa a guerra civil española: No corazón xeado (2007) presenta o establecemento de varias dinámicas de poder da España contemporánea. Esta mirada ao pasado sistematízase a partir de Inés e a Alegría (2010), que dá comezo a unha serie centrada no conflito bélico denominada Episodios dunha guerra interminable, continuada co lector de Julio Verne (2012), As tres vodas de Manolita (2013) e Os pacientes do doutor García (2017). A quinta entrega da serie, A nai de Frankenstein (2020), está situada na década dos 50.. En outubro de 2018 gana o Premio Nacional de Narrativa.

Audios:  Diversas entrevistas; “Aunque tú no lo sepas”   Luis García Montero e Quique González;  Un minuto   con  Almudena Grandes  e Iñaki   Gabilondo ;   Entrevista na cadena Ser en a Vivir que  son dos días ;  audio do día  do funeral.

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa, Sonia   Fernández Bellas.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova);    

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails