Pesquisar neste blog

02 julho, 2010

O Bit da Cuestión, publicación de AMARC-ALER.

O noso compa da ReMC, Javi García, pásanos este interesante enlace á publicación editada por AMARC e ALER: El Bit de la Cuestión.

O Bit da Cuestión, é un libro sobre a radio popular e comunitaria en era dixital.

O Grupo de Investigación sobre Novas Tecnoloxías de Ritmo Sur, programa conxunto de AMARC ALC e ALER, editou este libro.

Nesta publicación, o equipo elaborou unha serie de principios que se propón como unha guía para encarar a dixitalización da radio. Como punto de partida, afirman que "a introdución da radiodifusión dixital debe facerse de forma que permita un sistema de radiodifusión máis diverso e democrático".

O Bit da Cuestión propón construír unha visión que entenda a tecnoloxía como unha construción social e permita unha análise que abranga toda a complexidade que supón a dixitalización e os intereses que están en xogo. Un mapa da radio popular e comunitaria na era dixital.

O libro está distribuído polas radios asociadas a ambas as redes e pode descargarse e utilizarse baixo licenza creative commons.

Podes descargalo aquí.

Asemblea Mundial de Radios Comunitarias [AMARC-Arxentina].


Radios comunitarias de todo o mundo xa preparan a Asemblea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias, AMARC, que se celebrará o próximo mes de novembro de 2010 en Arxentina. As anfitrioas do evento serán 21 radios comunitarias, centros de produción e comunicadoras e comunicadores sociais arxentinos.

Gorka Andraka, de Tas-Tas Irratia, de Bilbao, achéganos as impresións de María Pía Matta, vicepresidenta da Asociación Mundial de Radios Comunitarias [AMARC] en América Latina e Caribe. Pía Matta fala sobre os desafíos desta asemblea da Asociación Mundial de Radios Comunitarias, do dereito á comunicación e da supervivencia deste tipo de emisoras de radio.






Audio e texto tirado do portal informativo Más Voces : www.masvoces.org

30 junho, 2010

Documental sobre as radios comunitarias no estado español, en clave de humor.

Dende a ReMC [Rede estatal de Medios Comunitarios], á que pertence Rádio FilispiM, achégannos este video en clave de humor sobre a actualidade das radios comunitarias no estado español. Está realizado por estudiantes de comunicación da Universidade RJC, entre os que está a compañeira Alba Lucio [Radio Ritmo]. A súa duración é de 10 minutos.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails