Pesquisar neste blog

30 junho, 2010

Documental sobre as radios comunitarias no estado español, en clave de humor.

Dende a ReMC [Rede estatal de Medios Comunitarios], á que pertence Rádio FilispiM, achégannos este video en clave de humor sobre a actualidade das radios comunitarias no estado español. Está realizado por estudiantes de comunicación da Universidade RJC, entre os que está a compañeira Alba Lucio [Radio Ritmo]. A súa duración é de 10 minutos.

23 junho, 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - A Preguiza.

Novo episodio da serie Pensamento 3 emitido orixinalmente en Radio 3 [RNE] en novembro de 1989. Nesta ocasión analisando o último dos Pecados Capitais do "mítico" Catecismo do Pai Astete: A Preguiza.

Durante estes meses recuperamos para vós, dende Divertimento para pequenos monstros, algunhas das gravazóns da serie Pensamento 3, que rondando todos eles os 45 minutos de durazón, foron emitidos orixinalmente dentro do programa de Radio 3 [RNE], Caravana de Hormigas. Toda vez que este programa foi fulminado da grella desa emisora [como xa vos contamos ao longo desta entradas], pasou a ter o seu propio espazo na grella de Radio 3 [mantendo día/hora de emisión e formato], até finalmente desaparecer do mapa radiofónico.

Estes documentos sonoros [ou alfaias radiofónicas] están ao dispór de tod@s, grazas aos esforzos d@s seguidor@s do poeta e filólogo zaragozano, canto a redifundir as reflexóns do autor ao través da rede. Istas son todas as que están, mais non todas as que son. Agustín García Calvo cumprirá no mes de outubro de 2010: oitenta e catro anos. Con ista idade, segue a dar charlas nas Universidades e Ateneos que o convidan [mesmo no Ateneo de Madrid dende decembro de 2005, cada semana]. Tal é o fenómeno que causa a súa palabra que as transcripción das charlas, palabra a palabra, son transcritas e subidas a rede, como se pode ver neste enlace. A capacidade e lucidez deste ser humano nos deixa sen palabras.

Quero dicer que sei, hai outras persoas humanas que teñen máis arquivos sonoros de Pensamento 3, mais estes aínda non son de acceso "popular", polo que tentarei localizalos e poñelos a disposición dos meus pequen@s monstros, para que poidan seguir a mamar de tan nutritivo manxar.

Dende aquí fago un chamamento para que se algún de vós ten [ou sabe que alguén ten], algunha desas gravazóns [que aínda non están pero son] de Pensamiento 3, non deixe de pórse en contacto con nós en: radiomonstro [arroba] gmail.com

Pola nosa banda, a vindeira semana ofecereivos a última edición desta serie, que como contributo a todo ese aquivo sonoro que circula pola rede libremente, vai ser da colleita propia do Pequeno Monstro, do noso arquivo sonoro. De xeito, que tod@s poderemos ter acceso a un novo episodio de Pensamento 3, até agora inédito na rede. Poremos, ademáis, fin a estadía de Divertimento na grella 2009/2010 da Rádio FilispiM e de Radio Roncudo de Corme.

Volvendo ao episodio de hoxe, A Preguiza, o presentador do programa, Javier Bermúdez, introduce deste modo a participación de Agustín García Calvo e das ouvintes:

"Imos xa coa Preguiza, o último dos Pecados Capitais nomeados no Catecismo do Pai Astete. Así, define Acidia ou Preguiza, coma un caimento do ánimo en ben obrar. Naturalmente, non é difícil fazerse á ideia de que pode entender o Pai Astete por "ben obrar", podémolo imaxinar: rezar, cumprir coas obrigas laborais, casar ou fazerse cura, aceitar con resignación [incluso con ilusión] o tempo. En definitiva, aceitar [con ese caimento que dixen] a condea a morte que temos cada un."

"Fronte a esta aceitazón calquer eloxio da Preguiza, pola nosa banda, sempre ficaría curto. Agora ben, se por "ben obrar" entenderamos algo ditinto [precisamente dicir NON a todas isas cousas que o Pai Astete e os outros "Grandes Pais" din sentir], entón non poderiamos considerar a actitude preguizosa como mala, no senso de mortecina. Nesto, non caben máis que recomendar o que nos dicía o Pai García [ironicamente aludindo a A. García Calvo]: contra Preguiza, Ira...".

Ficades co programa. Lembrade, a vindeira semana volvemos a vernos aquí, onde paran os monstros.

Descargar o audio

22 junho, 2010

Eduardo León, fotografo do xornal Diagonal, detido por fotografar redadas a inmigrantes no Metro de Madrid.

O xornal alternativo Diagonal [do que Rádio FilispiM emite os seus boletíns radiofónicos], viña estes días alertando nas súas páxinas a persecución á que se vén sometidos estes traballadores da prensa autoxestionada no día a día das súas reportaxes: "... a denuncia de Falanxe cando destapamos a relación dun dos seus líderes coa venda de drogas e o achado da placa roubada do antifascista Carlos Palomino nun coche en Toledo. A un dos nosos fotógrafos, que leva tempo documentando as redadas racistas contra migrantes en Madrid, a Policía xa lle deu un toque serio e multouno. Igual que a unha antiga coordinadora de Fotografía, que foi multada nunha concentración de apoio aos mapuches, acusándoa de ser a organizadora. A SGAE tamén nos fixo unha llamadita pedíndonos explicacións logo de publicar un especial sobre eles...".

Hoxe [martes, 22 de xunho de 2010] un dos fotógrafos habituais de Diagonal vén de ser detido por esta circunstancia, permanecendo privado de liberdade na Comisaría do Metro de Sol [Madrid].

O xornal Diagonal denucia hoxe esta detención na súa web: "Algo máis que habitual no suburbano de Madrid como ocorrería horas despois na estación de Lavapiés, nesta ocasión Eduardo tentaba recoller esas instantáneas e foi detido. O motivo da súa detención sería o feito de negarse a entregar a cámara de fotos coa que estaba traballando. En anteriores ocasións, mentres que traballaba, borroulle as fotografías dos controis de identidade masivos a inmigrantes. Logo de estar máis dunha hora detido na comisaría de Sol, quitáronlle o cartón dixital de fotos. A súa detención foi xustificada pola prohibición de realizar fotografías no interior do Metro, segundo contaba o propio León ao abandonar a comisaría. O garda de seguridade da estación de Lavapiés, incluso, participou na vixilancia deste xornalista cando se atopaba nas instalacións policiais de Sol. O seu labor, que non borrase as fotografías que denunciarían o control de identidade indiscriminado no interior do Metro."

Podes ler a nova enteira aquí: http://www.diagonalperiodico.net/Un-fotografo-del-periodico.html

O xornal ademáis facilita este contacto para máis información: Héctor 658 78 85 84

Audio informativo Más Voces [URCM]:

Descargar o audio

Foto: Eduardo León [Diagonal Periodico]

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails