Pesquisar neste blog

18 junho, 2010

Frank La Rue, Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU: "È preciso recoñecer aos medios de comunicación comunitarios".

O Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU, Frank La Rue, vén de presentar ante o Consello de Dereitos Humáns das Nacións Unidas o seu II Informe sobre a situación da Liberdade de Expresión no mundo.

Aconteceu o pasado 3 de xuño de 2010 en Xenebra, Suíza, no marco do seu 14º período de sesións [ver enlaces ao pé desta entrada].

O devandito informe destaca no seu Capítulo III, apartado B, Inciso 4, a importancia que ten para o exercicio da liberdade de expresión a radiodifusión comunitaria polo que demanda dos Estados a creación dun marco legal de telecomunicacións baseado en principios democráticos e cuxo obxectivo sexa o acceso de todos os sectores sociais ás frecuencias radioeléctricas de xeito equitativo.

A Relatoría fai mención dunha serie de consultas rexionais que se realizaron xunto coa Asociación Mundial de Radios Comunitarias [AMARC], sobre os 14 Principios para un Marco Regulatorio Democrático sobre Radio e Televisión Comunitaria, os cales foron presentados inicialmente ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, e iniciadas as consultas e traballadas coa súa Relatoría Especial de Liberdade de Expresión.

Para rematar no seu Capítulo de Conclusións e Recomendacións a Relatoría establece que "Os medios de comunicación comunitaria constitúen instrumentos efectivos para cumprir coa función do exercicio do dereito á liberdade de opinión e expresión de todos os sectores sociais, sen discriminación algunha conforme ao principio de pluralismo e diversidade que debe rexer o exercicio deste dereito", polo que se recomenda aos Estados establecer o marco legal que recoñeza e regule a comunicación comunitaria dentro do marco dos 14 Principios para un Marco Regulatorio Democrático sobre Radio e Televisión Comunitaria propostos inicialmente por AMARC e establézase un balance equitativo entre os medios comunitarios, os comerciais e os públicos ou estatais.

A inclusión de devanditos principios no informe do Relator Especial de Liberdade de Opinión e Expresión da ONU, Frank La Rue, constitúe un precedente importante que marca a pauta no recoñecemento dos medios comunitarios como parte do cumprimento das obrigacións en materia de dereitos humanos por parte dos países. Xa que logo, AMARC saúda devandito informe e fai un chamado aos Estados a fin de que leven a cabo as accións necesarias para implementar devanditos principios.

Enlaces:
- Informe Relator Liberdade Expresión ONU xunho 2010_[versión castelán].pdf
- Informe Relator Libertade Expresión ONU xunho 2010 [versión inglés].pdf

14 junho, 2010

Divertimento - Serie: Pensamento 3 - Ira.

Aquí estamos de volta cun novo capítulo da serie PENSAMENTO 3, dentro de Divertimento para pequenos monstros.

Lembramos que esta serie foi emitida orixinalmente por Radio 3 [RNE] cara o ano 1989, sendo estes documentos recuperados polos propios ouvintes daquel espazo, que no seu momento tiveron a boa ideia de rexistralos en cintas de casete. Soporte moi recorrente naqueles anos, que hoxe nos ten sido moi acaido, aos pequenas e pequenos monstros, pois podemos ouvir as gravazóns [vinte un anos despois!!] na sintonía de Rádio Filispim, ou mesmo neste pod-cast, así como se nada.

No programa de hoxe, Agustín Gacía Calvo, diserta cos ouvintes e coa axuda de Javier [o presentador] sobre un novo Pecado Capital: a Ira.

Así, García Calvo introdúcenos na cuestión deste xeito:
"Imos entrar por estoutra cuestión política. As nosas ouvintes, non se esquecen de que aínda partindo do Padre Astete [o seu Catecismo], como bon representante da conversión en pura moral [e personal] dos pecados, tratamos de entender sempre que non hai pecados que non sexan políticos e que a apariencia moral e personal dos pecados, é simplesmente iso: unha apariencia destinada ao engano coma tantas outras cousas, unha parte de ese engano, que é o arma principal do Poder como todas os días repetimos."

"Imos ver que é o que alude, que é o que toca, que cousas removen, tambén no corazón e na razón das nosas ouvintes, esta alusión á Ira."

"O feito de que se defina como un apetito desordenado u ordenado, quítalle á Ira o que a palabra [paréceme a min], suxire máis inmediatamente aos que a ouven. A Ira, montar en cólera, todas isas cousas, se presentan non coma algo que pode estar suxeita ao orde e ao desorde, senón como anterior en certo modo ou exterior ao orde e a desorde."

"A Ira é a paixón por excelencia desenfrenada, poderíase dicir incluso máis que os asaltos dos impulsos amorosos. Os vellos moralistas [Séneca e compaña], xa se preocupaban de describir a Ira, relacionándoa coma unha loucura. Era unha locura breve, e que tal vez por ser breve é polo que non se inclúe nas formas de loucura que ván a parar nos Psiquiátricos...".

Máis nada, ficades co audio. Lembrade que a serie completa podedela atopar neste enlace. A vindeira semana un novo capítulo de PENSAMENTO 3, aquí onde paran @s monstr@s.

Descargar o audio

12 junho, 2010

O Souto [ADEGA] - RadioFilispim 30-05-2010

Última emisión do programa de ecoloxía e meio-ambiente de ADEGA-Trasancos na radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM.

Según as verbas do condutor do programa, Nês: "Despois de sete meses e meio no caso de O Souto, penso que ben merecemos un pequeno descanso. Agardamos de todos os xeitos voltare nos mes de setembro con novos folgos para continuare traballando pola consolidación dun proxecto fundamental para a transformazón social. É dicir, un medio de comunicazón ao servizo da xente feito por colectivos sociais ou xente particular para ser nós mesmas quen xestionemos a informazón, informazón que transmitimos ao resto da sociedade que nos sintoniza."

"Este é un principio fundamental e fundacional de Rádio FilispiM, como tambén de outras moitas radios libres e comunitarias espalladas polo País. Así que vos animamos a que nos comezos do proximo curso radiofónico [setembro] ; a que fagades parte deste proxecto colectivo en defensa dos valores sociais e defensa tambén do País. Para celebrarmos máis un ano das emisións de Rádio Filispim temos [para o día 8 de xuño de 2010 ] unha nova Sesión Vermú como feche da programación deste curso 2009-2010...".


No programa de hoxe, Nès, ademáis falounos do Comité de Emerxencia para Ría de Ferrol, da Sociedade Galega de Historia Natural [SGHN], da revista Cerna [ADEGA], de Radio Cerna e tambén da andalucita de Pico Vello, ademáis de pórnos moita música:

Descargar o audio

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails