Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador soños. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador soños. Mostrar todas as postagens

24 janeiro, 2019

A Xanela das Fucas Nº18 (23-1-2019)

 A Xanela   das Fucas Nº 18   (23-1-2019)


A  Xanela das Fucas   invita  a   Mensi  Cortizas  Bouza, con motivo de la exposición   de sus tapices  que  realiza en la librería Lea  de   Ferrol.
  A Xanela dás Fucas invita a Mensi Cortizas Bouza, con motivo da exposición dos seus tapices que realiza na librería Lea de Ferrol. 
Fálonos das súas paixóns, do seu tempo como profesora de infantil, da súa afección de recoller madeiras que devolve o mar nas praias, de como as trata para incorporalas nos seus tapices.
Como di Sabela, a súa filla, na presentación do catalogo: Houbo un día en que a miña nai rouboume a miña sillita de madeira. Sentouse nela e fíxose pequeñita, e empezou desde alí abaixo a soñar paraísos. E sen darse conta empezou a voar deixándose levar, coma se flotase nunha nube de cores da que brotan mechones de la que se entretejen nas súas mans, mentres pellizca cos seus dedos as cordas dun arpa de algodón ..
Relátanos como foron aparecendo as tres series do catalogo: Refuxios, A illa, e Bosques Soñados. E ese tapiz que titulou “Rosa” pola súa cor e porque o fixo pensando nun bosque rosa dedicado a  sua gran amiga, Rosa, que xa non está entre nós..
Porque, como tamén di Sabela , os soños se entretejen cada día con pequenas febras de ilusións que medran lentamente mecidas pola brisa de quen sabe mirar.
Mensi deixáchesnos un aroma de serenidade, de humildade, de salitre…...de desexo por abrazar os bosques……Grazas . 
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,    Como visitantes:   Ana   Amigo Ventureira ,  Sara Díaz Lamas,   Marisol   Grau Sanz.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Petit  Pays  (Cesaria Evora) ;   A Natural Woman  (Aretha Franklin); Il y avait un jardín (Georges Moustaki) ;  Imagine  (  John Lennon)   
Related Posts with Thumbnails