Programa nº 19.- (14 /20-2-2019)
A Xanela das Fucas
convida a Beatriz Sestayo Doce para abordar aspectos xudiciais relacionados coa
violencia de xénero. Historicamente a mensaxe do sistema penal cara ás mulleres
era claro: as violencias que sufrían nas súas relacións de parella estaban
xustificadas ou constituían un problema menor , propio do ámbito privado, no
que o sistema penal non debía de intervir.
O sistema patriarcal
durante séculos, encargouse de que isto fose así. Actualmente, e tendo en conta
que lexislativamente falando existe todo un corpo no que se poden apoiar, os
temas xudiciais non flúen como deberían. O problema é a forma na que se
interpreta esta lexislación e a necesidade de formación de todos os axentes que
interveñen na atención ás victimas.
A nosa invitada relátanos situacións que están
a suceder actualmente, como ela mesma, avogada en exercicio, técnica de
igualdade, traballadora do CIM, e secretaria xeral do PSde G- Psoe local vese
involucrada nunha demanda por un presunto delito de inxurias a un xuíz. En
varias ocasións, no exercicio da súa profesión, tivo que defender a mulleres, e
mesmo testemuñas menores, que foron acusados por este xuíz de falso testemuño.
A próxima semana celebrásese o xuízo, e moitas mulleres, queren ir de testemuña ao
seu favor porque ven , a inxustiza que se está cometendo, xa que o delito que
cometeu esta avogada é reclamar que as vítimas sexan atendidas “debidamente”
con máis “medios” e con “un trato digno nos xulgados”.
Grazas,
Beatriz…. En nome de moitas mulleres.