Movimento 15M en Ferrol |
Por mor do quinto aniversario do 15M (2011), este venres ao longo da mañá, DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS, pùblicará un programa Especial editado para a ocasión, con audios (algúns inéditos, non publicados até agora), rexistrados polo Pequeno Monstro na Praza do Concello de Ferrol, entre os días 19, 20 e 29 de maio de 2011. O programa ten unha duración de 1h 43 min.
Nese collage sonoro, poderemos ouvir, entre outros, os seguintes documentos:
19/maio/2011: audio da concentración "Ferrol Toma la Calle", co compañeiro de Rádio Filispim - Colectivo Opaii, Iago Montes de correspondente. Uns 10 minutos.
20/maio/2011: audio da Asemblea do 15M na praza do Concello de Ferrol, con voces de moitas persoas, reflexións en alto, etc. Son case 20 minutos.
28/maio/2011: diversos audios tomados a persoas da Acampada Ferrol: grupos de traballo, coordenador@s, persoas que chegaban para acampar, persoas lles prestaban colaboración... 16 minutos.
E para finalizar, concerto case íntegro de Muxarega durante a Acampada Ferrol, á noite do 28 de maio de 2011 na Praza do Concello.
En sucesivos días, Divertimento publicará máis material relacionado co 15M en Ferrol.
+ info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com e Pequeno Monstro (páxina facebook)
Pequeno Monstro (Rádio FilispiM)
Pequeno Monstro (Rádio FilispiM)