Hai unhas semanas comezou na nosa emisora Fundido a Negro, un espazo adicado ao séptimo arte dende unha perspectiva moi persoal. Aos micrófonos atópanse María Aneiros e Daniel Sanmartín, dous amantes do cine coa vontade de dar voz ao lado menos comercial da industria cinematográfica. Estreas, pequenas proxeccións, debates, entrevistas a profesionais do sector e todo tipo de proxectos audiovisuais, dende os máis amateur aos máis profesionalizados, danse cita cada xoves ás 20.15 en Rádio FilispiM. Tamén podedes escoitalos na súa canle de Ioovx e seguilos nos seus perfís de Facebook e Instagram.
Para os máis despistados aquí vos deixamos o episodio da semana pasada, no que os nosos novos compañeiros falaron coa actriz e presentadora Isabel Blanco e fixeron un repaso das películas que, para ben ou para mal, fixeron historia por ter batido algún que outro récord.
Recordade, tedes unha cita cos proxectores e claquetas cada xoves ás 20.15 no 93.9 da FM.