A asociación cultural "Semente de Trasancos" vén de abrir unha escola popular en Narón, para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, una via diferente a oferta de ensino público e privado, que ten os seus referentes máis inmediatos nas escolas "Semente" que xa funciona en Compostela e Vigo. Según as súas impulsoras este espazo educativo non ten que ver coas tradicionais "garderias" baseando a súa metodoloxía educacional no respecto a crianza, o contacto coa natureza, o máis inmediato, e a lingua propia do país.
No audio escoitamos a Silvia Bogo, unha das promotoras do novo espazo educacional "Semente de Trasancos" que estivo o pasado venres 18 de setembro no programa Divertimento para pequenos monstros.
Informou o Pequeno Monstro para Rádio FilispiM