O Faladoiro Nº 11 (15/7/2025)
Un achegamento á Mocidade.
Despois de abordar distintos temas no Faladoiro decidimos adicar un programa a debater sobre a mocidade, convidando a tres persoas que cremos responden a esta perfil. Ademaís, algunhas das persoas condutoras do espazo lembran as súas vivencias naquela etapa vital e circunstancias socioculturais naquela altura na Galiza e España, marcando diferenzas co momento actual.
Despois da súa presentación, a mocidade convidada (Celia, Laura e Xaquín) relatan cales son as súas circunstancias persoais e como non son alleos ao momento social que lles toca vivir. Fáise referencia aos datos que recolle o “Informe Mocidade en España 2024”, unha radiografía das persoas mozas que permite observar os cambios na mocidade nas ultímas catro decadas. Ademáis, falamos do estudio do historiador Steven Forti quen sostén que “Entre os xóvenes a insatisfación leva a un rexeitamento da democracia” e como nalgunhas enquisas se cuestiona "democracia forte ou ecomomia forte", observando tendencias que comezaron mesmo antes da crise de 2008, nas que se valora a economía por riba da democracia.
Como acontece en moitos "Faladoiros" nalgúns momentos o debate foi acalorado o que fixo que as participantes deixaran constancia da súa opinion, mesmo promoveran debates a desenvolver en futuros programas.
Como proposta de futuro apóstase por un mundo no que se produza un maior coñecemento das loitas sociais acadadas, unha sociedade máis empática, a necesidade da colectivización e un achegamento ao mundo rural.
Participan: Alexandre, Vicente, Cesio e Chelo.
Convidadas: Laura Couto, Celia Moreno e Xaquín Morillo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário