Pesquisar neste blog

13 junho, 2026

Radio FilispiM participou no II Festival galego de Podcast


O venres  12 deste mes Radio FilispiM participou na II Edición do Festival de Podcasts das Emisoras Municipais Galegas coa gravación en directo do programa "Universo Nosso" (gañador do premio ao Mellor Podcast na edición do pasado ano), ademáis dous compañeiros de FilispiM tomaron parte na mesa redonda dedicada ao uso do galego nas redes sociais e nos medios de comunicación, mesa na que tamén participaron integrantes de CUAC FM, A Lobeira Today, PodGalego e Mastodon.gal


Mesa redonda con participación de RadioFilispiM

Xa na xornada do sábado tivo lugar a entrega de premios do festival. O programa "Ábrete de Orellas" foi distinguido co Premio á Traxectoria e o programa "Sábados no Cruceiro" acadou o respaldo do público ao recibir o Premio do Voto Popular, converténdose no podcast favorito do público nesta edición do festival.

Gravación ao Vivo de Universo Nosso durante o Festival de Podcast 






Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]