Pesquisar neste blog

19 junho, 2026

Filispim Vai a festa de Teima no Furancho da SD Canido ( 18-6-2026)

 

 Filispim Vai a festa  de Teima  no Furancho da SD  Canido.

 

No programa, contamos os inicios de Teima, a sua implantación en Ferrol, como xermen da  Federación Galega  Down Galicia. Entrevistamos a distintas persoas que  participan en Teima, como os profesionais  e outras persoas que acuden  as  distantas   actividades. Todos  nos relatan que considéranse una gran familia “Teimuda” e que teñen un obxectivo moi claro: a inclusión real das persoas na comunidade.

Tamén nos falan dos úlltimos  proxectos e  cómo  lograron  adaptar as metodoloxías para responder a  crecente  complexidade  do entorno actual sin perder  a  esencia que deu  orixen a TEIMA.

Así, nos comentan dos plans de vida adulta con Cristobal e Carmen, como persoas  que  conseguiron un traballo  en empresas   da comarca; do Grupo Motor,  como experiencia que naceu a partir das xornadas  abertas a comunidade e que inclue  persoas de outros ámbitos; e tamén do seu programa Metendo  Baza en Radio Filispim, no que  participana na sua realizacion  cinco persoas usuarias de Teima.

En definitiva, participamos das suas ilusions e da alegría dun día de festa ca música a cargo de Rey DJ.

 

 

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]