Pesquisar neste blog

16 abril, 2026

O FALADOIRO Nº 21. A GUERRA (14/4/2026)

A GUERRA 

Falar da guerra ou das guerras que estamos a vivir nestes momentos resúltanos obrigado no Colectivo OPAII, colectivo que dá soporte a O Faladoiro de Radio Filispim. Ninguén pode mirar cara a outro lado, ao revés, hai que analizar que e por que está a suceder esta barbarie inxusta e comprometerse coa paz, a democracia, a solidariedade e a liberdade. 

 No Programa comentamos a orixe das guerras en xeral, das actuais en particular, recollemos opinións autorizadas sobre se D. Trump é un tolo ou se hai un plan, unha estratexia detrás. A posición de España e Europa nos conflitos tamén foi obxecto de análise e mesmo o alcance do recente cambio político en Hungría. Incidimos, como non, no xenocidio que Israel está perpetrando en Gaza e nos atrevimos a comentar se doutrinas como o Pacifismo ou a Noviolencia serían de aplicación e utilidade neste caso. 

Non tivemos convidados neste programa, pareceunos innecesario e aínda así o tempo pasouse voando. Como sempre

 

.

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]