Pesquisar neste blog

25 abril, 2026

 

A Xanela das Fucas ; Nº    147    ( 23 -4-26)

 Dende  a Xanela  nos acercamos a segunda edicion   de “ESTUDIOS ABIERTOS” os dias 17,18 e 19 de abril que profundiza  na accesibildade  o arte   , con un total de oito  citas dispersas por toda a cidade 

A primeira xornada comenzou  ás 20.00 horas en MDC Estudo de Eduardo Hermida (Barrié de la Maza, 9-11), onde se fixo  unha presentación do evento  con  un concerto do grupo Arco e Tecla. Ao día seguinte, o sábado 18, a actividade empezou ás 10.00 en a Escola Aberta de Arte (Coruña, 76), onde o público puido  admirar a pintura en vivo e desfrutar da banda sonora da banda 6ollos.  Ás 12.30 a actividade múdase a o estudo de Montse Gutiérrez (Magdalena, 168), con sesión vermú e escoitando a Sisters. Xa pola tarde, desde as cinco, a quenda será de Espazo Branco (Magdalena, 146), onde a ilustradora Blanca Escrigas capitaneará a elaboración dun mural infantil. Finalmente, o broche da xornada conducirá a Art-Idea (Sol, 122), ás 19.30 horas, cun coloquio sobre a Intelixencia artificial e a arte que ten por título ‘Soña a IA con ovellas eléctricas?’. O domingo foi  unha doble  cita a que culminará o evento. Primeiro, , ás 12.00 en Sarao  Gallery (Catabois, 230) unha mesa redonda sobre ‘Pode salvarnos a arte?’coordinada por a periodista  Marta Corral , e finalmente, en Fiada (avenida Santa Mariña, 55) un compendio de actividades variadas


Abusando  da  xenerosidade   dos artistas pedimoslle  a algún dos artiustas  que nos responderan as preguntas  para que sirva a arte hoxe en dia .

Aproveitando que falamos de arte tamen abusamos de duas conocidas e  reproducimos as creacions  de Saila  e Lupe .

Tamen  facemos referencia  as distintas actividades que se  realizarán  durante o fin de  seman en Ferrol.

Audios: Marta  Corral,   Eduardo  Hermida; Carmen Martín, Mino e Rosalia; Laura e Nestor  de  Sarao Gallery, Oscar de Fiada; Lupe  Ces; Saila Chao

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La vita e bella, Nicola Piova;   
Kaseo repartiendo arte video clip;  Grigory Sokolov , Rameau les cyclopes; Bloom, Coulou;  Aitor Cordero, Individuo,El eco; Zeca Afonso, Grandola Vila Morena; Bella Ciao,  versione partigianae dellemondine canzone. 

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]