Informativo Rádio FilispiM, 28/11/2024
Sumario:
"É tanto pedir?" O ANPA da Escola Galiña Azul de Esteiro Ferrol, reclama á Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia melloras para o cadro de persoal e servizos educativos na etapa preescolar.
Pleno no Concello de Ferrol. Este xoves 28 de novembro terá lugar un Pleno, que entreoutros asuntos tratará a proposta inicial para os orzamentos municipais de 2025. Nolo explica Inacio.
Aliana Corral do Colectivo BBTT, fala do 17N, Día Mundial das Crianzas Prematuras.
Partera Guerrillera, sanitaria, co gallo do 25N, "Día Internacional para a Erradicación das Violencias Contras das Mulleres", fálanos dunha delas, a Violencia Obstétrica.
Nerea Calvo Beceiro, co gallo do 25N, fala da histórica Fábrica de Conservas El Cisne de San Sadurniño, resultado das ZUR, Zonas de Urxente Reindustralización, a mediados dos anos 80 como consecuencia da crise do sector naval na nosa comarca.
Noticias Dialogadas, Inacio e Lupe seguen... "A voltas co tren".
Edu, "Comochoconto" desde Radio Raposeira, fálanos da Cume do Clima e da Conferencia das Partes (COP), que vén de levarse ao cabo en Bakú, capital de Azerbaixán.
O filme Prefiro Condenarme parte dun xuízo por adulterio contra unha mariscadora da ría de Ferrol durante a ditadura, en 1972. A violencia, o abuso, a falta de dereitos das mulleres xunto a un ambiente social opresivo, forman parte desa historia real. A cantante i experimentadora galega Mónica de Nut, fálanos do proceso colaborativo e compositivo nunha das pezas desta cita, que vén de ser apresentada en Ferrol.
AXENDA. Concerto de Zavala, sábado 30 de novembro, ás 10:00 pm no centro social Artábria, na rúa Batallóns de Esteiro. Presentarán o seu traballo "Pequeno Manual para Grandes Cambios", publicado por Ferror Rcds. Entrada de balde.
AXENDA.Xornadas VIHsibles Ferrolterra, en xornada de mañá, o sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro, no Ateneo e CC de Canido respectivamente. Organiza AVANTE LGTB+ Ferrolterra.
AXENDA. Galiza con Palestina. Ferrol e Pontedeume, luns 2 de decembro ás 8:00 pm nas prazas dos concellos.
Condución/edición: pequenomonstro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário