Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

31 outubro, 2024

Informativos, mércores 30 de outubro de 2024

 
Informativos de Rádio FilispiM, mércores 30/10/2014

Sumario:

  • As axudas para a obtención do carné de condución da Xunta de Galicia, un engano para os mozos e mozas galegas.
  • A violencia obstétrica en España, protagonista da palestra organizada pola asociación BBTTA en Narón, contou coa participación da sanitaria e activista "Partera Guerrillera".
  • Proseguen as exhumacións na fosa común máis grande de Galiza. En O Val (Narón) poderían atoparse até 51 persoas da comarca asasinadas polo franquismo.
  • Chega "A Lei Mordaza Light", un novo sabor a represión. Informa Comochoconto desde Radio Raposeira.
  • Novas Dialogadas. Inacio e Lupe conversan sobre un dereito básico recoñecido pola CE, mais pendente da súa aplicación: "O dereito a unha vivenda digna e axeitada".
  • Axenda. Domingo 3 de novembro, foliada e sesión vermú en Artábria, dentro do programa de actos do 26 aniversario da asociación con sede en R/Batalhons-Esteiro (Ferrol).
  • Axenda. A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina convoca unha concentración o luns 4 de novembro en 30 localidades galegas, dentre delas Ferrol.
  • Música despedida: 'Agora ou nunca' da banda Bule.
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte! 

*** Recuperaremos á nosa canle en Archive.org, calquera publicidade que apareza neste reprodutor é allea a nós ***

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails