Informativos de Rádio FilispiM, mércores 23/10/2014
Sumario:
- Editorial. Regresan os informativos a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol.
- A veciñanza do barrio de Canido demanda usos culturais e sociais para o antigo edificio de suboficiais.
- A Asociación de Memoria Histórica Democrática presenta o venres 25 de outono, no CC Torrente Ballester de Ferrol, "En la Piel de los Héroes", un libro de Xoxé Fortes Louzán.
- Videoconferencia. Fran Valverde falará sobre xogos de rol, dentro do ciclo "Afeccións Transformadoras para Adultos", organizado pola Area Sanitaria de Ferrol e a AVV de Canido, entre outras. Venres 25 de outono ás 11:00 hrs, no CC de Canido.
- Nace unha nova radio libre, "nómada e festeira", Rádio Raposeira. Informa Edu Comochoconto desde a Radio Kalimera, libre de Compostela.
- Novas Dialogadas. No primeiro capítulo desta nova sección dentro dos Informativos, reflexionamos sobre dous temas de actualidade: o xenocidio en Palestina e a manipulación informativa na radio e televisión pública galega, a RTVG.
- Dentro das actividades do 26 Aniversario da Fundaçom Artábria, concerto de Katya Teixeira. Venres 25 de outono ás 21:30 h. no local do asociación, R/ Travessa de Batalhons (Esteiro-Ferrol).
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, notas). Comparte!
*** Recuperaremos á nosa canle en Archive.org, calquera publicidade que apareza neste reprodutor é allea a nós ***
Nenhum comentário:
Postar um comentário