Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]22 agosto, 2022
A Xanela das Fucas nº 78
Programa nº 78- (18-8-22)
A Xanela dás Fucas achégase a a exposición 49 razóns : moda e arte para un futuro sostible.
Charlamos con Beatriz Clara quen nos relata o porque e o sentido deste proxecto: Por unha banda busca a promoción da arte e a cultura, apoiando aos artistas locais ao levar a súa obra ás rúas a través dun soporte diferente, dándolles visibilidade a través de pezas de segunda man en perfecto estado, que foran descartadas polos consumidores. Doutra banda parte do supra-reciclaxe como pedra angular, buscando un futuro máis sostible a través da educación e concienciación en consumo responsable como parte fundamental do proxecto, ao converter a peza descartada nunha obra de arte única e especial, cun gran valor engadido tanto artístico como conceptual. Son pezas para namorarse delas porque en definitiva son unha obra de arte que che enche a alma e que che deleitas en pasear con orgullo, sabendo que ademais de beleza soporta cultura e sustentabilidade.
Beatriz non deixes de seguir realizando este tipo de convocatorias …….. son necesarias
Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa,; Eva Tizon Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; 49 Razons poema ( Eugenia Sanmartín); Canción para 49 razons (Eugenia Sanmartín) . 49 Razones videoart- El desfile .
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário