Programa conxunto . 13-2-2022 : Dia da Radio en Radio Filispim
Tres
coordinadores de programas de radio Filispim reuníronse para celebrar o Día da Radio.
Falamos
da mensaxe da UNESCO que chama ás emisoras de todo o mundo a celebrar o Día
Mundial da Radio este 13 de febreiro baixo o lema "A radio e a
confianza". Alegrémonos da fiel confianza dos oíntes na radio, e do éxito
das emisoras para seguir sendo cribles na cacofonía que as rodea.
Escoitamos
a intervención de Mariano Fernández presidente da ReMC no congreso dos
deputados para reclamar os
dereitos das radios comunitarias.
Compartimos
lembranzas en relación á radio da nosa infancia….poñémonos nostálxicos…e tamén
analizamos a traxectoria destes meses co Covid aínda presente…. Celebramos a
aparición de novos programas, desexamos que se reinicien outros e agardamos
novas propostas...
A radio libre e comunitaria de Terra de
Trasanco ten futuro
Opa Radio Filispim…..
Nenhum comentário:
Postar um comentário