Facémonos eco
dunha exposición que se celebra
en Vigo guiadas pola artista
ferrolá Doce Anca.
Cúmprese un cuarto de século da morte de Xosé Lodeiro
e a familia quere saldar dúas materias pendentes: unha exposición retrospectiva
na súa cidade e o catálogo universal da súa obra. Por este motivo Doce achéganos a Ruth Lodeiro , a súa filla e comisaria da exposición
As dúas sinalan o difícil e tamén
á vez gratificante que resulta o recompilar a obra dun artista tan
produtivo como foi
Xosé Lodeiro.
En setembro
cumpríronse 25 anos da súa
morte, membro do grupo Atlántica, que sempre asinaba os seus cadros “Lodeiro, o pintor de Vigo”
“Lodeiro andou polo mundo adiante, pero sempre volvía
a Vigo; naceu na Falperra, creceu en
Teis e tivo o seu estudo en Marqués de Valladares, onde ten unha placa;
foi bondadoso, xeneroso e moi implicado
a nivel social e politicamente”, afirma a súa filla, que destaca a súa
facilidade de facer accesible a arte: “Era un home moi popular”.
Como persoa e como artista tamén foi valorado polos
seus compañeiros. Antón Patiño, compañeiro do Grupo Atlántica, destaca de
Lodeiro “ o seu universo de gran
intensidade sempre a reflectir ou
cromatismo e a cor”. Menchu Lamas di da súa pintura que “reflectiu
a cidade cunha xeometría colorista e apaixonada”. Xavier Magalhães táchao de “amigo dous seus amigos” e escolle entre as súas virtudes
“ ter sido un traballador constante
dá súa pintura, apostou por
ela”.
Durante a entrevista asistimos a unha
deliciosa descrición da obra
de Lodeiro por parte de
Doce e Ruth ,
á vez que a relación cos
distintos movementos pictóricos
do momento en que
viviu.
Grazas Doce…. Grazas Ruth…..
seguide creando
Convidadas: Dulce Anca e
Ruth Lodeiro
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa; Eva
Tizon Bouza
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola
Piova) ; Mares
igual que tú (Amaral); Brincadeira
( Camerata Meiga); Brindis La Traviata ( Jam Budhart) .
Ruth Lodeiro e Xose Lodeiro no seu estudio con unha obra da serie "Erotica".
Nenhum comentário:
Postar um comentário