Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]22 outubro, 2021
A Xanela das Fucas Nº 59
Programa nº 59 (23-9-219
Comezamos o programa falando do día que se celebra hoxe, 23 de setembro, día inter-nacional contra a explotación sexual e trátaa das persoas, Mais de dous millóns de mu-lleres no mondo son obxecto de trafico humano , na maioría dos casos para explotación sexual.
Tamén no ámbito da muller facémonos eco da situación de moitas mulleres que queren exercer o seu dereito ao aborto pero non poden porque os xinecólogos son obxectores de conciencia en bloque, nun servizo público de saúde.
O noso faladoiro foi para achegamos á exposición “ROJO” para coñecer mais de preto ás súas autoras. É un traballo conxunto entre a ilustradora Marta Waterme e a xornalista Sandra Rego, que reflicte a súa interpretación do que significa ser muller na sociedade occidental actual, "O punto de partida do que fumos, do que somos e do que estamos dispostas a alcanzar” . Son dez ilustracións, polas cales podemos viaxar a través da cor vermella que percorre distintas partes dun corpo feminino, acompañadas cada unha dun texto que nos propón unha reflexión sobre as mesmas.
A mostra complétase coa proxección dunha peza audiovisual creada para a ocasión. Marta e Sandra contáronnos como iniciaron este proxecto …….e de futuros traballos …así como da próxima publicación desta exposición nun formato que se poida gozar individualmente…
Contaxiáronnos a súa ilusión polo seu traballo e nos refirmaron na utilidade da arte como forma de expresión…
Grazas….Sandra polo teu texto….. grazas …Marta….tamén pola tua” Menina libera-dora”…. que podemos disfrutar na avenida do rei….
Convidadas: Sandra Rego Rey, Marta Waterme
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Te guardo, (Silvana Estrada) ; Pelo rojo , (Maria Rodes; Seguramente fui yo ( Maria Rodes)
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário