Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 setembro, 2021

A Xanela das Fucas Nº 58 ( 2-9-21 )

 


Programa  nº 58 -  (2- 9--2021)

A Xanela das Fucas convida  de novo  Mho Dueñas, artista de Martorell  que xunto con outros creadores participarán no evento anual de arte urbana, Las Meninas de Canido, que se celebrará esta fin de semana en Ferrol.

Mho cóntanos por que comezou a pintar, como desenvolveu un proxecto de creación artística que inclúe a varios artistas da cidade de Martorell.

Dueñas participa dende 2015 neste certame que o artista local Eduardo Hermida creou en 2008 para intentar frear a degradación do seu barrio, Canido. Un evento que, ano tras ano, convida a artistas de todo o mundo a reinterpretar un dos cadros máis coñecidos do museo do Prado, Las Meninas, de Velázquez.

Durante a entrevista  nos emocionamos, compartiu as súas experiencias durante este ano, o difícil que esta sendo para moitos artistas os meses de pandemia.

Falamos  da invisibilidade das  mulleres nas grandes  pinacoteca se  nos  recomenda   o libro

Las invisibles: ¿por que el museo del prado ignora a las mujeres? de Peio H.  Riaño… E a historia contra a ceguera, contra o mito  e  contra os  genios , un relato  sobre as condicions políticas  e sociais  que determina  a creación artística

  Mho a tua presencia e moi   necesaria neste mundo………

Convidada:  Mho   Dueñas ,

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,   Eva  Tizón   Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;    I put a spell on you  (Angelina Jordan );   Tengo un trato ( La Mala Rodriguez);  Si me matan  (Silvana Estrada);  You make me feel like) A natural woman  (Song Volans).

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails