Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]01 junho, 2021
A Xanela das Fucas Programa nº 53
>A Xanela das Fucas recbe de novo a Alvixe , dende donde se recorda a través dun artigo de Beatriz Sestayo a Paloma Rodriguez , e tamén comentan os últimos asesinatos realizados a mulleres .
Damos conta a través dun audio de Helga Mendez García da ultima proposta de distintos creadores da comarca de todos os ámbitos que se uniron na Plataforma Cultura Ferrolterra para tratar de axudar aos traballadores do sector da cultura, que apenas poden realizar os seus proxectos co gallo da pandemia. Os integrantes deste movemento convocaron unha feira especial: a Feira Online de Artes en Vivo EnRedeFerrolterra. «Esta feira consistirá na subida de vídeos ás redes sociais, ás redes das persoas participantes e da plataforma, de pezas que amosen o seu traballo, gravados en lugares ou espazos que teñan un significado cultural para o creador ou creadora, e cunha duración máxima de cinco minutos», segundo detallan na presentación desta acción.right; float:
A feira comeza a primeira semana de xuño: o día 3 estará dedicada á poesía, o 4 á música, o 5 á danza e o 6 ao teatro. Os promotores explican que os profesionais participantes compartirán os seus «pezas nas redes nos días correspondentes a cada disciplina en horario de 00.00 a 24.00 horas, acompañadas dos hashtag da plataforma e da propia Feira: #plataformaculturaferrolterra, #apostapolaculturalocal e #enredeferrolterra».
Fucas que participan en directo: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Eva Tizon Bouza
Alvixe: Mª José Pena García.
Audios : Helga Mendez García
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Apenas indios na Galicia ( Maina Materia); No teño medo (Sofia Espiñeira); Enfeitizada (Ampao Arias); Algún día miña nai e maila tua (María Manuela e Xurxo Varela) A Fasquía de pedra (Paloma Suances).
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário