Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

11 abril, 2021

  

A Xanela  das  Fucas. Programa Nº 49  (8-4-2021)


 

Comenzamos   o programa presentando unha sección que realizará   Alvixe.   Acude      José   Pena  Garcia, coma  vicepresidenta que nos relata   a orixe desta asociación e cales son o seus fins.

 Tamén convidamos  a Lola   Ferreiro Díaz   para  conversar con ela   do seu  último traballo .    Coméntanos   que  en novembro   do  ano pasado   despois de ver un documental   con motivo do 20 N, fixo  unha reflexión inmediata: se os anarquistas foron ninguneados pola historia oficial (da esquerda), imaxina as anarquistas.  E como é de xustiza democrática identificar e reparar a antedita invisibilización dentro do proceso de recuperación da memoria histórica, decideú  dedicarlles (a elas) o calendario deste ano 2021.

Ao longo da pescuda que fixo na procura de nomes e datos confirmou  o que xa supoñía: moi pouco material e, en ocasións, nin sequera unha foto que nos permitira verlle a cara a algunhas delas. Tal é o caso (entre as que aparecen no calendario) de María Bello Paz, María Otero González e Alicia Dorado Viso.  Entre as (escasas) fontes das que puido tirar datos sobre elas  destaca a  obra de Carmen Blanco García, Casas anarquistas de mulleres libertarias (A resistencia anarquista das mulleres despois do levantamento fascista de 1936), publicado pola CNT en 2007. Ela foi pioneira na investigación sobre as libertarias galegas resistentes fronte ao fascismo e logrou identificar e obter algúns datos sobre 22 mulleres afiliadas á CNT, FAI e/ou Xuventudes Libertarias que xogaron un papel fundamental na resistencia habilitando casas-refuxio para acoller persoas perseguidas, as máis das veces nas súas propias vivendas, e algunhas veces con militancia non libertaria. Isto último debe ser destacado como trazo da súa xenerosidade e ausencia de sectarismo, tendo en conta que puxeron en risco a súa liberdade e mesmo a súa propia vida, perdendo ambas as dúas en moitas ocasións.

  Aportounos  tanta información,  incluso despois de   rematar o programa,  que    nos sentimos en debeda con ela  para que   todos estos datos  saian a luz. .

 

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.

Convidadas: Lola  Ferreiro Díaz ,  Mª  José Pena  García.

 

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ; Rexurdimente (De Vacas) ;  Roses Blanques  ( Lluis  Llach);    Co xenio destrozado)  (Ses).9 ( 8-4-2021




Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails