Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

08 março, 2021

   A Xenela   das Fucas  Nº 47  (4-3-21)

A Xanela das Fucas  quere  estar presente   para   conmemorar  o   8  de Marzo  e dar conta   do que acontece  nesta data   na comarca de Ferrol .

 Dende  tres   colectivos  enviaronos  mensaxes para por de manifestó  a importancia de dita data:  Fuco  Buxan,  Alvixe,  Mulleres  migrantes.

Este ano acompáñannos unhas circunstancias excepcionais que, a pesar de todos os falecementos que ocasionou, puidemos recoñecer e valorar aqueles traballos e/ou empregos que resultan esenciais para poder desenvolvernos, os relativos aos coidados, os cales son exercidos na súa gran maioría por mulleres e, en moitos casos, mulleres migrantes.

Neste sentido, o Concello de Ferrol e as institucións acordaron homenaxear este ano ao Servizo de Axuda no Fogar. Aínda que esta decisión pode ter transcendencia para que a opinión pública valore o traballo realizado por un colectivo altamente feminizado, desde Fuco Buxán consideramos que esta homenaxe non pode quedar no plano simbólico, senón que é necesario que se materialicen unhas condicións laborais dignas e que a súa profesionalización encádrese en servizos socio-sanitarios.

Noutra orde de cousas, neste 8 de marzo de 2021, faise preciso repasar a xenealoxía feminista e lembrar que este día non é simplemente o 8M ou o día da muller, senón que é o Día Internacional da Muller Traballadora. A discriminación en base ao sexo é a que atravesa á metade da poboación e, neste día, esa connotación de clase, clase obreira e traballadora, debe estar presente na nosa linguaxe.

Neste sentido, cabe repasar os puntos da axenda feminista para facer efectivo o dereito das mulleres para vivir unha vida libre de violencias machistas. Así, estes puntos son o dereito para as mulleres de decidir sobre os seus propios corpos (saúde sexual e reprodutiva), a abolición da pornografía, da prostitución e dos ventres de alugueiro, educación afectivo-sexual, dereitos de conciliación e corresponsabilidade e, como propugna o movemento e a teoría feminista, os coidados como eixo central das políticas públicas. Todo iso implicaría a abolición do xénero como mecanismo de opresión.

Audios: Diversos audios  da celebración   do día internacional    do 8M .   Poemarío de   Alejandra Fernandez, na  Complutense.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ; Respect  ( Aretha Franklin)  Dale  marcha al 8 M  (Coro de  mujeres  Malvaloca)

 

 

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails