Programa nº 48- (18 3-2021)
Comenzamos o
programa recordando o pasamento de Paloma
Rodríguez Vazquez, sucedido esta seman…… Seguiras sempre moi presente
con todas nos.
Este venres 19 de marzo, hai
unha Acción Global polo Clima, en miles de lugares, pobos e
cidades, terá lugar unha mobilización popular en defensa do planeta. O
movemento internacional "Fridays
for Future" convoca esta acción mundial, na Galiza o son máis de 85
organizacións e colectivos os que conflúen no Movemento Galego polo Clíma. que convoca
accións locais en cidades e vilas da nosa Terra.
Lucia ,
unha das compañeiras
fundadora da Xanela das Fucas acude o programa para recordarnos
que o quecemento global é consecuencia directa do
modelo de produción e consumo que continuamente se demostra incapaz de
satisfacer as necesidades vitais das persoas.
Un modelo
que precariza ás persoas e pon en situación de vulnerabilidade a gran parte da
poboación mundial, especialmente ás mulleres, así como aos ecosistemas e o
resto de seres vivos que habitan este planeta. Un modelo que arrisca a nosa
supervivencia como especie, ao basearse na explotación ilimitada e acelerada
dos recursos fósiles, mineiros e naturais, impactando de maneira inxusta nas
poboacións máis pobres e vulnerables. Pero, nesta crise, a ciencia tamén
sinalou a vía de actuación, que non é outra que a redución e descarbonización do
noso sistema económico, especialmente nas sociedades industrializadas
occidentais que temos máis responsabilidades e maiores capacidades. Un sistema
económico que se paralizou ante a crise do coronavirus e que debemos
reformularnos antes de reiniciar.
Lucia tamen nos
recordou os pequeños fectos
cotidians que individualmente podemos facer , por exemplo nos tipos de envase que escollemos na compra diaria, o material de
roupa que
comparmos, o transporte que usamos. Nos fala das tres “R”,
E
decir recordarnos
a responsabilidade que temos nas pequenas
acions diarias e que o
lema de esta ano e Non hay planeta B.
En Ferrol este
venres 19 de marzo de 2021 ,
as 12 do medio día, concentranción no Canton, no Día
Global de Accions polo
Clima.
Audios: Accion
global polo clima
Fucas que participan en directo: Ana B. López Verez, Chelo
Carballal Balsa
Invitadas: Lucia Vizoso
Amado e Cristina Sobrino López
A música que
escoitamos: A sintonía do programa: La
Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Gracias a la vida (Joan Baez e Mercedes Sosa); Mull Of The
Kintyre ( Paul McCartney
&Wings; A Irmandade das estrelas ) Carlos Nuñez
Nenhum comentário:
Postar um comentário