Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 fevereiro, 2021

Programa nº 46- (21- 1-2021)
A Xanela das Fucas fai un percorrido polas distintas propostas para celebrar o 11 de Febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Asamblea Científica. O obxetivo e interés nesta data e darlle un pulo o progreso na consecución da Axenda de Desenrrolo 2030. Na actualidade menos do 30 por cento das persoas que se adican a investigación en todo o mundo son mulleres. Dos laureados co Premio Nobel en física, química, fisioloxía ou medicina 587 ( 97 %) son homes, 20 son mulleres (3%). Co brote da pandemia por Covid-19 demostrouse claramente o papel crucial das mulleres investigadoras nos diferentes eidos , dende os avances no coñecemento do virus hasta o desenrrolo de técnicas para detéctalo e as propias vacinas Falamos de mulleres nadas en Ferrol como Anxeles Alvariño, oceanógrafa, Rebeca Atencia veterinaria e directora do centro de recuperación de primates no Congo . E tamén de Ana Jesus Lopez Díaz , doutora en ciencias físicas e presidenta de AMIT-Gal, profesora no departamento de Inxenieria Industril en Ferrol . Adicamos o programa a Eva Tizón Bouza, a nosa compañeira e doutora en coidados. Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa e todas as Fucas. Audios: Diversos audios da celebración do día internacional da muller e a nena na ciencia . Mensaxe da Margarita Salas, Mensaxe de Jane Goodall, Premio Bienestar Animal Rebeca Atencia. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Llegaremos a tiempo (Rosana) ; Cedeira (Gaudi Galego e Ivan Ferreiro)

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails