Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]11 dezembro, 2020
A Xanela das Fucas programa nº 45 ( 10-12-2020)
A Xanela dás Fucas convida a Belén Fernández Suarez para conversar a redor do número 4 da revista Altlanticas .
Atlánticas Revista Internacional de Estudos Feministas que nace no marco do Centro de Estudos de Xénero e Feministas ( CEXEF), É unha revista de teoría feminista que se dirixe sobre todo aos lectores e lectoras peninsulares e de América Latina e que parte dun enfoque interdisciplinar dentro dos estudos de xénero. Este monográfico está dedicado á saúde das mulleres. No feminismo contemporáneo, o ámbito da saúde é unha das áreas obxecto de estudo e análise crítico, de teorización e investigación. Os estudos e investigacións feministas puxeron de manifesto que os discursos sobre a saúde, o malestar e a enfermidade das mulleres, as prácticas clínicas e profesionais, as ciencias e as políticas sanitarias foron historicamente ferramentas imprescindibles do patriarcado para o control e a subordinación das mulleres. Por iso, o campo da saúde é tamén obxecto de mobilización feminista, de vindicación de políticas públicas dirixidas á transformación das ciencias e as institucións sanitarias, á formación de profesionais no paradigma feminista e á creación de novos protocolos de atención ás problemáticas de saúde das mulleres.
Moitas grazas Belen, pola tua disponiblidade.
Convidada: Belén Fernández Suarez
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa.
Audios: Pilar Pascual mesa redonda AMS
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Mi cuerpo es mio ( Krudas Cubensi); Los senos ( Femina).
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário