Fragas do Mandeo é unha singular entidade
dedicada á custodia do territorio na comarca das Mariñas. Coa adquisición de
fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou legado, e a través de
acordos cos propietarios, busca conservar os espazos naturais da comarca. Fernando
Bandín é o principal impulsor desta iniciativa que, á parte da custodia do
territorio, implícase en actividades varias de carácter ecoloxista e
conservacionista, como as xornadas de divulgación ou a eco-regata que cada ano
percorre a ría de Betanzos para retirar toneladas de lixo.
Fernando, como veterano activista, posúe un coñecemento da situación ambiental da bisbarra e dos seus protagonistas, un coñecemento que expón con claridade e precisión nesta entrevista a cargo de María Gutiérrez Calvete, gravada no estudio de Roxín Roxal o pasado 28 de xaneiro.

Nenhum comentário:
Postar um comentário